Blogia
soutelodemontes

Detido o presunto autor do roubo que se perpetrou hai unhas semanas no Banesto.

Detido o presunto autor do roubo que se perpetrou hai unhas semanas no Banesto.

 As investigacións da Garda Civil deron os seus froitos e os axentes da Benemérita de Pontevedra detiveron o xoves a un cidadán de orixe portuguesa acusado de ser o presunto autor dun intento de roubo a unha sucursal bancaria de Soutelo de Montes.
Os feitos tiveron lugar o pasado 5 de marzo. Esa mañá á primeira hora á sucursal de Banesto situada na avenida de Ourense entrou o suposto atracador. Este accedeu de cara e unha vez dentro cubriuse a cara cun pasamontañas e ameazou ao único empregado da sucursal cun coitelo de proporcións respectables e pediulle que lle entregase o diñeiro da caixa forte cunha frase que xa é todo un clásico do cinema: «isto é un atraco».
A caixa forte dispón dun mecanismo de retardo e dado que a caixa non se abría e que ao parecer tampouco atopou nese momento nada que roubar en efectivo na oficina, o atracador marchouse sen botín. A Garda Civil seguíalle a pista desde que ese día fuxiu do banco nun coche escuro con matrícula portuguesa.
O presunto autor do intento de roubo

0 comentarios