Blogia
soutelodemontes

Adeus Veciña

Adeus Veciña

Humilde,sinxela,traballadora serían alguns dos moitos adxectivos cos que poderiamos cualificar á nosa querida veciña Aurea Varela Alberte. Unha gran muller, unha loitadora nata á que hoxe ás 6 da tarde despedimos en Soutelo. Unha exemplar veciña, alegre, carismática é que o deu todo ata o último momento.Todavía recordo coma se foxe hoxe a esa muller que a pesar de ter que camiñar axudada por un andante ía para a veiga que ten detras da súa casa e tentaba traballala ainda que xa non tiña forzas, pero ela sempre tentaba superarse día a día ainda que moitas veces a súa delicada saude non llo permitise. Hoxe en Soutelo foi un deses dias tristes nos que o sol sae para honrar a unha destas boas persoas que se van. Hoxe foisenos unha gran traballadora pero ante todo unha excepcional veciña que demostrou ser todo unha señora ata os seus últimos intres.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres