Blogia
soutelodemontes

Fiestas

A Madalena 09

A Madalena 09

Mañá martes día 21 de Xullo darán comezo as festas de patrona.A partir das 21:30 no cruce dos catro camiños de A Madalena terá lugar a X edición da festa do mexillón.Serviráse pan,viño e mexillons para todos os asistentes.Estará amenizada polos grupos A Maraca é Jupiter.Ás 12 da noite haberá unha gran tirada de fogos.

O día 22, día grande das festas, comezará cunha gran tirada de bombas, ás 10:00 será a primeira misa é as 13:00 a misa solemne.Haberá pasarrúas a carga da banda de Lalín. Xa pola tarde ás 18:00 haberá unha exhibición no circuito da Madalena dos irmáns Varela.Pola noite gran verbena a cargo das orquestras Marbella é Millenium.Ata altas horas da madrugada.

 

A Rapa 2009

A Rapa 2009

Hoxe da comezo no lugar de Sabucedo (A Estrada) unha das festas mais importantes de Galicia, trátase da coñecida como "Rapa das Bestas" esta festa que se prolonga ata o luns acolle a miles de persoas cada ano.O seu fin é que as bestas que habitan nos montes dos arredores baixen ata o curro onde son rapadas.Durante estes días tamén son moitos os que acampan nas inmediacions do recinto.Esa é unha gran opción para toda aquela xente que queira beber xa que así non terán que coller o coche.Nestes días de festa no recinto haberá música,comida e moitas ganas de festa!!!Se ides ir pasadeo ben.

San Xoán

San Xoán

Mañá martes no Parque Venezuela teremos a tradicional fogueira de San Xoán que terá como menú sardiñas,churrasco,pan e viño,o custo será de 6 Euros e haberá que anotarse na farmacia.

Despois todos a saltar a tradicional fogueira.

Festa do Cachafeiro 2009

Festa do Cachafeiro 2009

Hoxe sábado  celebse en Cachafeiro-Forcarei unha festa en honra a San Xoan patrono do pobo.
Esta celebrarase na carballeira e durará todo o día dende as 10:00 co pasaruas e logo á 1ª misa do dia, proseguirá coa procesiçon, xantar, e amenizara a tarde unha charanga, pola noite actuará N.B.A e os virtuosos de olla xunto con  Combo 6;jazz-confúsion e As Pandereteiras de Ardebullo
A festa proseguirá ata mais da 1:00 co sorteo dun becerro. E unha gran tirada de bombas.

Durante todo o día tamén haberá as tradicionais comidas campestres como todos os anos anteriores

San Antonio de Garellas 2009

San Antonio de Garellas 2009

Mañá Sábado día13 de xuño é día de San Antonio de Padua.Como todos os anos celébrarase en Garellas(Vilar) a tradicional festa.

Ás 10:00 é ás 13.00 terán lugar as misas é a continuación as tradicionais poxas.Pola tarde a partir das 18:00 haberá inchables gratuitos para todos os nenos.A partir das 21:30 haberá raxo,pan e viño gratis para todos os asisntentes así como unha gran verbena amenizada polas orquestras Latino e Naranja.Ás 00:30 realizarase o sorteo dunha viaxe as Illas Baleares.Para entrar no sorteo e necesario comprar unha rifa,o gañador porderá cambiar a viaxe por un premio de 600 Euros en metalico.

Feliz Día

Feliz Día

Hoxe é primeiro domingo de maio. Hoxe é o día da nai.Antes de nada felicitar a todas aquelas nais que día tras día aguantan os seus fillos.O mellor da vida son as nais. A  elas debémoslles todo.Moitas Felicidades!!!

Concerto

Concerto

O próximo xoves día 30 de abril terá lugar en Ordes (A Coruña) a segunda edición da gala contra o cancro na que actuarán:Carlos Baute, Marta Sánchez, Melocos, David Bisbal, David Bustamante, OBK, Orquesta Panorama, Melocos, Fama ..

Para asistir,  o concello de Forcarei porá un servizo de transporte que sairá ás 9 da Praza do Gaiteiro de Soutelo é ás 9:15 da Praza da igrexa de Forcarei.A entrada será gratuíta. Para anotarse hai que chamar o Concello. O regreso será aproximadamente ás 5 da mañá

Gran Cea-Baile

Gran Cea-Baile

O próximo sábado día 11 a partir das 21:30  na antiga moblería Dalí de Soutelo de Montes terá lugar unha gran cea baile con fin de recadar beneficios para as festas de San Roque 2009. Todos os que o desexen poderán anotarse con anticipación.O prezo é de 15 euros para os maiores,7 euros para os nenos entre 5 é 10 anos,e para os menores de 5 anos será de balde. O menú constará de empanada, xamón asado, postre, café e chupito.O evento estará amenizado polo grupo musical "O Dúo de Pachi".Sen máis novidades que resaltar despídome.Unha aperta.

Carnavales 2009

Onte domingo de carnaval en Soutelo foi unha gran tarde de celebracion.A Comisión de Festas San Roque 2009 organizou un gran baile de Carnaval no Pabillon dos deportes.Ás 17:00 comezaba o percorrido de disgraces polo pobo,que deu a volta xunto a Praza da Contitución,a continuacion no pabillón deu comezo un gran festival presentado por Carmen Sevilla no que non faltaron os premios nin uns invitados como Mucho e Nucho "Os de Rebolla".Despois impartíronse os premios que foron os seguintes:

1º premio de disfraces de maiores:Os Bonecos de Neve(Asunción e Romina de Pardesoa)

1º premio infantil para: "A Campesina" (Antía a filla de Loli)

2º premio infantil para:"Don Quijote"

3º premio infantil para:"A Abeja Maya"

A continuación fíxose o soreto dun DVD que lle tocou a Jose de Vilapouca o fillo de Angelines é tamen se sorteu un TDT que lle tocou a Marisol a nai de Débora.

Para tematar sirveuse chocolate con rosaca gratuitamente para todos os asistentes.

Feliz San Valentín

Feliz San Valentín

Ola a todos. Feliz día dos namorados a todos. Hoxe é un día moi especial, un día cheo de cariño e ledicia,un día de agarimo para moitos pero de recordos e ilusión para outros. Mentres uns disfrutan da felicidade compartida coa persoa á que queren outros recordan o tempo de ledicia e amor que pasaron coa súa parella e que hoxe non está con eles. O 14 de febreiro está marcado pola ilusión, polo amor e polo cariño pero tamén polos soños de toda esa xente que está desexando que se cumpran.Para todos, moitisimas felicidades!!!!!!!!

Ruada dos namorados

Ruada dos namorados

O próximo sábado día 14 con motivo do dia dos namorados no bar Avenida de Soutelo celebraráse unha ruada como as de antes organizada por Manolo de Sanguñedo mais coñecido como " O Kechas".Contamos coa vosa presencia, os que poidades acudide.Sen mais novidades despidome.

40 Anos de loca paixón

40 Anos de loca paixón

Onte domingo Delia e Delmiro fixeron 40 anos de casados , antes de nada quixera felicitalos e oxala que estes 40 anos se convirtan en moitos mais.A verdade e que a tarde de onte e para non olvidar,foi fantastica,inolvidable e sobre todo insuperable,todo esto feito nun tempo record.

Tamen fou unha tarde chea de recordos,de ledicia,de amor pero sobre todo de felicidade, pero eles mereciano,esta homenaxe que onte lle quixemos rendir e por que os queremos e por que eles son unicos.Agora esperar os 50 anos pero antes ainda quedan unhas poucas bromas mais que aguantar je je je.Bueno oxala que sexades moi felices por que o merecedes.

Grazas a todos pola vosa colaboracion:(Raquel,Marisol,Carmiña,Marilena,Mª Carmen,Sofía,Blanca e a todas as persoas que nos axudaron)

!Que sexades felices!!!

Feliz 2009

Feliz 2009

Feliz ano novo a todos.Espero que este ano que hoxe entra veña cargado de ledicia,amor e felicidade ainda que se tamen trae cartos tamen vale.Hoxe entra un ano cargado de ilusion de ganas de vivilo e de disfrutalo o 2009 vai a ser un gran ano para todos nos.Dende o blog de Soutelo de Montes desexovos un feliz aninovo.

Bo Nadal

Bo Nadal

Hola a todos,hoxe día 24 de Decembro é un día moi especial pero sobre todo unha noite moi especial é máxica na que moitos soños se cumplen realidade pero tamén é unha noite de tristura recordando os que por algunha circunstancia esta noite non estarán pero que teremos moi presentes, a todos aqueles que algún día nos sacaron un sorriso aqueles cos que simplemente fomos moi felices aqueles que algúnha noite como hoxe estiveron connosco.Coidadevos

Comida

Comida

Hoxe sábado as dúa da tarde tivo lugar no pabillon dos deportes de Soutelo unha comida organizada pola comisión de festas con fin de recadar cartos para as festas de San Roque 2009.Todo  estivo moi ben sobre todo a carne.Grazas a todos os que colaborástedes.

Gran Magosto e Chourizada.

Gran Magosto e Chourizada.

O próximo sábado día 8 a partir das 17:30 na Praza dos Gaiteiros en Soutelo de Montes,celebrarase o magosto é a chourizada que estará amenizada por:

Gaiteiros de Beariz.

Celso Fernandez Sanmartin:Contador de contos e historias de tradicion oral.

Cuarteto do Cotaredo.

Os Carnochos.

Haberá Catañas,chourizo e viño.

Esa mesma noite terá lugar a apertura do Pub A-Saco cunha festa dos anos 70.

Os acrtos recadados no magosto e no Pub seran fondos para as Festas de San Roque 2009.

 Por certo xa existe un numero de lotería da comision de festas que é o:64406

Día de Halloween

Día de Halloween

Hola a todos, onte foi a noite de hallowein unha das noites que mais medo dan en todo o ano unha das noites mais especiais para os ingleses é unha das mais orixinais.Dise que todo isto comezou coa queima dunhas bruxas pero como eu non estaba ali non sei se e certo ejejjejej.Coidadevos

3ª Concentracion tunnig

3ª Concentracion tunnig

Esta fin de semana celébrase no polígono industrial de Vilapouca en Soutelo de Montes a 3ª concentracion tunning que organiza " A SACO TUNNING CLUB".Perante toda a fin de semana haberá probas de automoviles e pola noite gogo´s e en cabina:Dj Bruno é Dj sonic.O sábado a noite terá lugar o sorteo dunha finde semana para duas persoas nunha casa rural en Lantaño.Todo un exito asi que se queres acudide e se non tamen.A entrada custa 2 euros é e valida poara toda a fin de semana.

Dia da Hispanidade

Dia da Hispanidade

Hola a todos hoxe día 12 de Outubro é o día grande de España é o día da Hispanidade.Día no que todos nos deveriamos sentir orgullosos de ser españois de representar a un gran pais a unha gran nazon que sempre ocupara o noso corazon.Hoxe é un gran día.Felicidades a todas as Pilares.Besos coidadevos

Ruada en Sanguñedo

Ruada en Sanguñedo

Hola a todos,estupenda a ruada que se formou o domingo pasado en Sanguñedo,Manolo "O Kechas" rocando o piano e sua nai e rosa tocando a pandeireta e cantando,tamen houbo slasa e merengue e para rematar unhas copas de sidra ejjeje,todo excelente, haber de volvemos outro día.Besos coidadevos