Blogia
soutelodemontes

Novedades

Primeiras comunións(Parte 3)

Primeiras comunións(Parte 3)

Mañá domingo día 9 de agosto ás 12 da mañá na igrexa de Soutelo recibirán a súa primeira comunión Daniela e Mayalen as netas de "Emilia do marmolista" a continuación celebrarao cun gran xantar.

Bautizo

Bautizo

Mañá á tarde terá lugar o bautizo de Silvia a neta mais pequena de "Elenita do Xordo" e filla de Elena e Javier.Unha fermosa nena que mañá recibirá o seu bautismo.

Primeiras comunións(Parte 2)

Primeiras comunións(Parte 2)

Este domingo día 2 de agosto ás 12 da mañá na igrexa de Soutelo recibirá a primeira cmunión Andrea,a neta de Rosa da Marcela,recordemos que estas será a segunda comunion que se celebrara na nosa parroquia este ano.

Primeiras comunións(Parte 1)

Primeiras comunións(Parte 1)

Mañá domingo día 26 de xullo ás 12 da mañá tera lugar na igrexa de Soutelo a primeira comunión de Alejandro é Carlitos os netos de "Amparo da ferreira". Estas seran as primeiras comunions das tres que se van realizar estes días na parroquia.

Desfile de modelos

Desfile de modelos

Necesítanse voluntarios para participar no desfile de modelos que a comisión de festas está organizando para o próximo día 15 de agosto ás 6 da tarde no pavillón de Soutelo.Para anotarse hai que decirllo a Susana "do Crego" ou a Jose Doval .Por favor apuntádevos todos.

Caida

Caida

Onte a tarde saindo do aniversario de Virxilio dúas veciñas da nosa parroquia cairon nos arredores da igrexa.Todo sucedeu cando "Julia de Dina" tropezou no cemento que está levantado arredor da igrexa (que por certo parece que nunca se deciden a arranxalo) e caeu tropezando con "Carolina da Vernaldina" que rematou perdendo o equilibrio e caindo por sorte ningunha das dúas ten lesions graves é todo quedou nun pequeno susto.

Voda

Voda

O próximo sábado día 11 ás 18:00 terá lugar o enlace matrimonial de Lucía Bouzas a filla mais nova de "Faico" o enlace terá lugar na igrexa de Leiro e a continuación teran o banquete no Mosteiro de San Clodio.Dende aqui desexarlles moita felicidade e que o disfruten.

Falsa alarma

Falsa alarma

Parece ser que a serpe que presuntamente vivía nos arredores da piscina non existe.Según os últimos comentarios os ruidos que se escoitaban eran dunha rá.

Apertura da piscina

Apertura da piscina

Hoxe día 1 de Xullo comezou a tempada da pisicna de Soutelo o seu horario será de 12.30 a 20:00h en horario ininterrumpido.Durante os meses de Xullo e Agosto ofertaránse cursos de natación.A entrada custará 2 Euros e os bonos 12 euros para menores de 14 anos e 18 euros para maiores.O carnet para tres membros familiares custará 36 euros e aumentaranse 3 euros por cada menbro familiar mais.

Para as persoas que se fagan co carnet os cursos de natación serán gratis mentres que para o resto custarán 18 Euros.

Serpe perigosa

Serpe perigosa

A punto de abrir a piscina pública de Soutelo hai un tema que preocupa os veciños e os usuarios destas instalacións que é a suposta presenza dunha serpe de grandes dimensións que merodea polos arredores da piscina de Soutelo.Segundo a testemuña de varios veciños a serpe emite os seus sons característicos nas horas con temperaturas mais altas todo o día.Ainda non se sabe como puido chegar ahi,ainda que unha hipótese e que puidese provir dun circo do cal escaparan unhas serpes cando se a última vez que se instalou no pobo.De momento non sabemos mais nada.

Reapertura

Reapertura

Mañá venres terá lugar a reapertura do  antigo bar A Conquista de Soutelo de Montes que a partir de agora se chamará "Taberna Os Carteiros". Despois de ser totalmente remodelado contará con múltiples servicios entre eles zona wifi ou terraza, así como unha gran carta de bocadillos  pinchos variados . A especialidade serán os bocadillos de xamón . Oxala que lles vaia moi ben con este gra negocio que hoxe estrean.

Véndese

Véndese

Véndese esta magnífica casa situada en Soutelo de Montes na estrada que una Ourense con Pontevedra.Esta revestida de pedra.Tes unhas dimensions de 200m cadrados e consta de duas plantas é un atico.Véndese amueblada completamente con:2 cociñas(unha americana con chimenea),salón comedor,4 dormitorios e tres baños todo completamente novo.

Prezo:300.000euros

Consta dunha pequena finca de 300 m cadrados.

Os donos residen habitualmente en Andorra, ainda que ela é natural da Portela de Lamas

Confirmacións

Confirmacións

O próximo domingo día 7 de xuño ás 12:30 da mañá teran lugar as confirmacions na igrexa parroquial de Soutelo de Montes.Un total de 25 confirmandos confirmarán a súa fé e a súa unión a deus cunha gran misa.Despois cada un celebrarao a súa maneira.

Reunión do monte parroquial

Reunión do monte parroquial

O próximo sábado día 6 de xuño ás 9:00 horas en primeira convocatoria e ás 11:oo horas en segunda convocatoria terá lugar no pavillón dos deportes de Soutelo a reunión do monte parroquial coa seguinte ode do día:

1º.-Lectura e aprobación da acta anterior.

2º.-Actualización do censo de comuneiros,e a súa aprobación se procede.

3º.-Informe e aprobación,se prodece do estado de contas.

4º.-Constitución da mesa electoral.

5º.-Presentación das candidaturas.

6º.-Eleccións da nova xunta xestora.

7º.-Rogos e cuestións.

Aconséllase acudir a segunda convocatoria.

Recórdase que os comuneiros deben acudir provistos do D.N.I.

Voda

Voda

O vindeiro sábado día 30 de Maio ás 18:00 horas terá lugar no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela o enlace matrimonial de Fátima Otero Viéitez máis coñecida como "Peli". É filla de Jose Manuel Otero e neta de Dona Celia de Sanguñedo.O enlace constará dunha cerimonia civil e un banquete.Dende aquí desexarlles moitas felicidades.

Mitin do PSOE

Mitin do PSOE

O próximo domingo día 31 ás 19:00 terá lugar no Bar Avenida de Soutelo de Montes o mitin do PSOE   para as próximas eleccións europeas. Intervirán Ana Doval (representante do PSOE de Forcarei)  e Guillerme Meijón .

Curso de arte floral

Curso de arte floral

Hoxe venres día 29 ás 19:00 comezará a impartirse un curso de arte floral que terá lugar no colexio  público de Soutelo de Montes.O curso terá unha duración de dúas horas semanais e nel impartiranse clases para traballar con flores naturais e secas.

Reapertura

Reapertura

Mañá sábado terá lugar a reapertura do Pub A Saco cunha gran festa e unha gran celebracion.Oxalá que a estes novos xerentes lles vaia moi ben no seu negocio.Unha aperta

Cambio de hora

Cambio de hora

Ola a todos. Recordarvos que hoxe á noite a hora cambiará. Ás dúas serán as tres. A ver canta xente non o cambia e mañá vai á unha á misa das doce je je je. Polo resto sen máis novidades.Coidádevos,  un abrazo.

O primeiro Bautizo do ano

O primeiro Bautizo do ano

Hoxe na misa das 12 tivo lugar o bautizo de Uxía a filla de Raquel de Sanguñedo que á súa vez é filla de Manolo "O Kechas". Dende aqui desexámoslle moitas  felicidades. Unha aperta.