Blogia
soutelodemontes

O Temporal

O Temporal

Durante a pasada noite o temporal de chuvia e vento chegou a Soutelo onde causou numerosos danos materiais pero por sorte ningún persoal.Na igrexa arrancou unha das famosas arbores que medran no adro e caeu sobre o teito da pia bautismal,a Carolina da Vernaldina arrincoulle a cheminea e levantoulle o tellado o igual que a Saludina de Camba,no edificio onde está a tenda de Paco dos ordenadores arrincou a chapa que tiñan na parede e no Meixueiro tirou unha arbore de Rosaura de Barros na carretera quedando esta cortada e caindo sobre o cierre do colexio.Moitas historias que se me puxese a escribir non remataria de contar en moito tempo.De momento o blog resistiu o temporal je je je .Coidadevos.

0 comentarios