Ruada

O vindeiro sábado 23, Verbo Xido organiza unha Ruada solidaria para recadar fondos cos que contribuir a sufragar a rehabilitación do Centro Etnográfico de Terra de Montes. Terá lugar no salón do Restaurante Avenida de Soutelo de Montes a partir das 21:00 horas. Haberá servizo de bar e “catering” a fin de recadar fondos e cobrarase unha pequena entrada para contribuir á finalidade do evento (dará dereito a participar nun sorteo dun lote de libros e algúna agasallo máis e a tomar cun chocolatiño con rosca). O elenco de artistazos que teñen confirmada a súa presenza (aparecerán máis, seguro), é o seguinte:
Pandereteiras A Trépia (Pontevedra)
Abrentes (Cerdedo, Pontevedra)
Atalúns (Pontevedra)
Os Chichisos(Pontevedra)
Pandereteiras de Quireza (Cerdedo, Pontevedra)
Serandeiros (Boborás, Ourense)
Tonhito de Poi (Aghiño, A Coruña)
Anímate a asistir, a soliedaridade e a carallada son perfectamente compatibles!!!!!! Non o esquezas, o sábado 23. E aproveita para pasarte antes a visitar as xa reabertas instalacións do Centro Etnográfico, paga a pena. O frío escorréntase bailando!!!!!
6 comentarios
Carlos -
Anónimo -
E non fales de RESPETO , cando ti es o primeiro que non respetas metendo e inventando cousas da xente !
Carlos -
Anónimo -
Carlos -
souteforkacerdeventoxcachaf -