Blogia
soutelodemontes

Fallecimientos

Cabodano

Cabodano

O próximo sábado día 7 de Febreiro as 12 da mañá terá lugar o aniversario de Carmen Jorge Correa que ainda que natural de Outeiro(Presqueiras) foi veciña de Soutelo,era unha muller amable e agradable que vivia con Hermitas e Avelino.D.E.P.

Foisenos outro

Foisenos outro

Hoxe a mañá mentres depediamos a un dos nosos,deixounos outro.Desta vez foi Jose María Barros Prado, ainda que residente en Pontevedra casara en Soutelo con Concha a filla do administrador e tiñan a casa situada o lado da floristeria.Mañá as 12 será o enterro.D.E.P.

Adeus Agustín

Adeus Agustín

Hoxe deixounos outro dos nosos trátase de Agustín Trotiño Varela veciño do lugar de Sanguñedo, estaba casado con Elida e residia en Sanguñedo,hoxe deixounos os 77 anos,mañá as 12:00 celebraráse o funeral e despois recibirá sepultura.Agustín foi un home traballador e honrado que cando te via sempre te saudaba e co que podias ter unha conversa tranquilamente.D.E.P.

Outro que nos deixou

Outro que nos deixou

Mañá as 12:30 terá lugar o funeral de enterro de D.Gerardo Pena Viéitez que ainda que natural da Aldea de Arriba(Soutelo) faleceu en Badalona os 66 anos de idade.Era irmán de Lola da Grila,pouca xente o coñecia xa que dende moi novo tivera que emigrar a Badalona pero gustaballe vir a sua terra natal Soutelo de Montes.D.E.P.

Cabodano

Cabodano

Mañá sábado día 24 as 12:00 da mañá terá lugra o funeral de primeiro cabodano de Dorinda Alonso Balado que foi veciña do lugar de Sanguñedo,unha muller loitadora que depois de moitos anos loitando contra unha grave enfermidade esta puido con ela.Unha gran muller a que mañá recordaremos.D.E.P.

Cabodano 1

Cabodano 1

O próximo sábado día 10 as 10 da mañá terá lugar o funeral de primeiro aniversario por Isolina Quintá Gulias que foi veciña do lugar dos Codesás(a nai de Alsira de Trasdomonte).Foi unha muller loitadora e traballadora.D.EP.

Foise Felicidad

Foise Felicidad

Hoxe deixounos outra das nosas trátase de Felicidad Varela que foi veciña do lugar da Madalena(Para os que non o saiban a nai de Tino o Sacristán).Deixounos hoxe o mediodía depois dunha longa enfermidade.E moi triste que morran así os veciños e mais nestas datas que terían que ser de ledicia e tranquilidade pero a vida é así.O meu mais sentido pésame a súa familia.Coidadevos

Outro

Outro

Mañá sábado as 11 da mañá terá lugar o Primeiro Cabodano de D.José Casado Gil que foi natural desta parroquia mais concretamente do lugar de A Madalena onde era coñecido como o fillo de Maria do comercio.D.E.P.

Cabodano de Hortensia

Cabodano de Hortensia

Mañá Venres día 12 as 4 da tarde na igrexa de Soutelo xuntaremonos todos para recordar e rezar por Hortensia Blanco Civeira mais coñecida como Hortensia de Benigno que fai un ano que nos deixou.D.E.P.

O que se foi

O que se foi

O sábado día 6 as 11 da mañá é primeiro cabodano de Aurelio Otero Rivas que ainda que natural de Pousada pasou os seus últimos anos en Soutelo,tiña a casa situada o lado da Praza dos Gaiteiros.D.E.P.

Hoxe dixemoslle Adeus

Hoxe dixemoslle Adeus

Hola a todos,debe ser certo de que con iso da caida da folla morre moita xente por que esta semana levámola así.Hoxe dixémoslle adeus a outro da nosa parroquia trátase de Amérito Gulias natural de San Xusto(Trasdomonte) e residente en Pontevedra faleceu onte ós 76 anos e hoxe depedimolo as catro da tarde.D.E.P.

Foisenos outro

Foisenos outro

Esta noite deixounos outro dos nosos trátase de Luis Pérez que vivia en Barcelona pero era natural de Soutelo tiña a casa pegada a de sua tia Hortensia de Benigno e era tamen sobriño de Concha do Crego.Hai uns anos deralle un paralisis e esta pasada noite faleceu en Barcelona.D.E.P.

Adios amiga

Adios amiga

Hoxe enterramos a outra das nosas trátase de Ramona Dapena Dapena a tia de Delia de Mato unha gran muller é unha gran persoa,deixounos o luns os 82 anos,viveu toda a sua vida nos Codesás ata que hai uns anos veu para Soutelo onde vivia rodeada de cariño e amor nese fogar onde a acolleron como a  unha mais,ese fogar no que pasou os ultimos dias da sua vida rodeada da sua verdadeira familia aquela coa que pasou tantos momentos felices e que hoxe solo son recordos.Seguramente algun día nos volveremos a atopar pero ata entonces aqui quedan estas palabras que hoxe van adicadas a esa muller loitadora e traballadora que vindo duns humildes orixes soubo ser todo unha señora.Eu tampuco esquecerei todas as tardes de risa que me fixeches pasar.Ata sempre Ramona

Xa pasou un ano....

Xa pasou un ano....

Mañá venres día 7 as 16:00 na igrexa parroquial de Santa María Magdalena de Soutelo de Montes terá lugar o Funeral de Primeiro Aniversario do Falecemento de Dona  Dolores Portos Varela mais coñecida como Lola de Varela veciña da Madalena e nai de "Lito da Madalena". Q.E.P.D.

Aniversario

Aniversario

O próximo sábado día 27 ás once da mañá terá lugar o funeral de primeiro aniversario por Arsenio Álvarez Banga que foi veciño de Soutelo mais coñecido como Arsenio de funerario.Descansa En Paz.

O próximo venres día 5 ás 6 da tarde terá lugar o funeral de Primer Aniversario por Placeres Viéitez Ogando mais conocida como Placeres da Perella é que foi veciña do lugar de Sanguñedo.D.E.P.

Mañá venres día 29 as 7 da tarde terá lugar o funeral de aniversario por Carmen Viéitez Viéitez veciña de Trasdomonte e sogra de Pilucha de San Marcos. D.E.P.

Adios Tia Isaura

Adios Tia Isaura

Hoxe deixounos unha das mellores e mais ancians mulleres do pobo,trátase de Isaura Dapena Viéitez,mais coñecida como Isaura da Vernaldina.Foi unha gran muller loitadora que quedou vivuva moi nova e que soubo seguir adiante,hoxe  deixounos con 96 anos,morreu feliz .Non sufreu morreu charlando coas suas amigas sentada na sua Aldea De Arriba onde ela foi tan feliz ata o seus ultimos dias.Estes onde estes nunca olvidaremos os momentos que pasamos contigo as risas que nos fixeches sacar ainda que estivesemos tristes pero sobre todo o cariño e a amabilidade coa que tratabas a xente.Non te olvidarermos Isaura. D.E.P.

Un ano sen Manolo

Un ano sen Manolo

O próximo sábado as día 26 as 11:30 da mañá terá lugar o Funeral de Aniversario por Mauel García Troitiño mais coñecido como Manolo da Bouceira,ainda que nacera no Sixto residía en Soutelo onde foi soterrado.D.E.P.

Adeus o mais grande

Adeus o mais grande

Hoxe depedimos a un dos grandes, a un dos nosos , entre bagoas e abrazos dixemoslle adeus o mais grande fotografo que este pobo puido ter,depois de tantos anos a su camara apagouse para sempre ,centos de persoas acudiron o sepedilo no medio dunha multitude saia el a hombros  como o mais grande como o artista que foi, pero sobre todo como o veciño o que non lle gustaba fachendear da sua fama e que mentres puido sempre lle gustou axudar os demais,el apagouse pero o seu legado continua ahi nas suas fotos,nos seus carretes , na nosa memoria pero sobre todo na sua herdeira a sua filla Keta que coma el é unha excelente fotografa.Hoxe toda esa xente a que souvo fotografiar e tratar dixolle adeus ainda que na nosa memoria é no noso corazon nunca morrera ese gran mestre esa gran persoa que souvo levar a fama sen alterarse e que souvo comportarse con todos nos.Nunca te esqueceremos amigo.