Blogia
soutelodemontes

Fallecimientos

Adeus

Adeus

Hoxe ás 12 do mediodía despedimos en Soutelo de Montes a outro dos nosos veciños. Desta volta trátase de Adolfo Viéitez Casado.D.E.P.

Adeus

Adeus

Este mediodía falecía ós 102 anos un gran home deste lugar. Trátase de Claudino Troitiño Espiña, carpinteiro perante moitos anos en Soutelo, era unha excelente persoa é un gran traballador. Un home sereno, amante da tranquilidade, bondadoso é xentil. Unha das grandes persoas que viviu neste pobo, un gran veciño que sempre estaba disposto a axudar a calquera sen recibir nada a cambio, Claudino era unha desas persoas que realmente deixan pegada por onde pasan.Claudino era un gran loitador que con 100 anos xa cumpridos ía facer a compra é atendía a súa muller enferma, un home cun gran forza de bontade, un deses homes que coidan ás súas mulleres como o mellor dos tesouros ese foi o gran home que hoxe deixou de sorrir.Mañá ás 5 da tarde despedirémolo en Soutelo de Montes.D.E.P. AMIGO...

Adeus amiga

Adeus amiga

Onte á tarde despedimos a outra das nosas grandes veciñas. Trátase de María Cerdeira Rajoy mais coñecida como " María do Zapateiro".Unha gran muller, bondadosa é amable. Era unha persoa moi querida por todos, que sempre que podía axudaba en todo o que fixese falta é que nunca se meteu con ninguén. Pouco a pouco van desaparecendo todas estas estupendas mulleres que cos seus sorrisos é os seus bos corazón echian este noso pobo. D.E.P. Amiga.

Adeus

Adeus

Onte ás 6 da tade no cemiterio parroquial de Soutelo de Montes, despedimos a outro veciño da parroquia, trátase de Hortensino Barros Blanco veciño do lugar de Sanguñedo é casado con " Lola das Conchas". Dende aqui enviarlle o mais sentido pésame a súa familia.D.E.P.

Adeus

Hoxe ás 5 do serán despedimos a outro dos nosos. Desta volta tratase de José Manuel Couceiro Constenla natural de Soutelo é residente en Vigo. Era fillo do mestre Xoxé Couceiro que falecera asasinado.D.E.P.

Adeus

Adeus

Onte ás 6 da tarde no cemiterio de Soutelo de Montes despedimos a outro veciño da nosa vila, trátase de Eulogio Márquez Márquez veciño do lugar de Aldea de Arriba faleceu repentimanente. Estaba casado con " Maruja da Marcela". Dende aqui expresarlle o mais sentido pésame a familia.D.E.P.

Adeus

Adeus

Mañá sabado ás 6 da tarde na Igrexa Parroquial de Soutelo de Montes terá lugar o enterro de María Clara Rodríguez Rodríguez que vivía en Valencia. A continuacion será soterrada no cemiterio de Soutelo.D.E.P.

Adeus

Adeus

Onte despedimos a outro veciño da parroquia, desta volta trátase de Rogelio Cerdeira Viéitez natural do lugar de "A Graña" pero residente en Madrid, cidade na que faleceu. O enterro tivo lugar onte as 6 da tarde no cemiterio parroquial.D.E.P.

Adeus

Adeus

Onte deixounos outra veciña de pobo. Desta volta trátase de Rosa Troitiño Bugallo natural do lugar de Ventosea pero veciña de Soutelo. Residía encima da tienda de Infomatica.O enterro terá lugar mañan ás 11 da mañá.D.E.P.

Outro que nos deixou

Outro que nos deixou

O sábado ás 11:45 da mañá terá lugar o funeral de enterro por D. Baldomero Taboada Pérez que foi veciño do lugar de Codesás é que faleceu en Brasil.D.E.P.

Outro que nos deixou

Outro que nos deixou

Onte deixounos outro veciño da parroquia. Trátase de Manuel Porto Abella veciño do lugar de Sanguñedo é casado con Marilena natural é veciña dese lugar. Despois de sufrir unha caida faleceu onte. O soterro terá lugar mañá Martes ás 5 da tarde na igrexa parroquial de Santa María Madalena de Soutelo de Montes.D.E.P.

cabodano

cabodano

Hoxe ás 11 da mañá tuvo lugar o funeral de cabodano por don Manuel Rey Taberneiro que foi veciño do lugar de Vilapouca é que finou no Carballiño. Era coñecido como " Manuel do rolo".D.E.P.

Adeus

Adeus

Onte ás 8 da tarde na igrexa de Soutelo de Montes despedimos a outro veciño da parroquia. Trátase de Delmiro Barros Gulias casado con " Carmiña do Rolo"  é veciño do lugar de Vilapouca. D.E.P.

Outra despedida

Outra despedida

Hoxe deixounos outra veciña da parroquia desta volta trátase de María Rajoy Otero veciña de Trasdomonte que faleceu en Vigo. O sepelio será mañá ás 6 da tarde.D.E.P.

Adeus

Adeus

Hoxe despedimos a outra veciña da parroquia. Trátase de Hortensia Muradás Espiña, veciña do lugar de San Xusto.Foi soterrada hoxe ás 5 en Soutelo. D.E.P.

Dende o corazón

Dende o corazón

Dende o blog de Soutelo de Montes queremos expresarlle o noso mais sentido pésame a familia do xoven Luis Gil Barros que finou en Venezuela. E fillo de Isolina da Madalena é neto de Amelia de Sanguñedo.A súa familia segue as novas da súa terra dende este blog por iso dende aqui queremos mandarlle unha aperta moi forte.

Adeus Veciña

Adeus Veciña

Humilde,sinxela,traballadora serían alguns dos moitos adxectivos cos que poderiamos cualificar á nosa querida veciña Aurea Varela Alberte. Unha gran muller, unha loitadora nata á que hoxe ás 6 da tarde despedimos en Soutelo. Unha exemplar veciña, alegre, carismática é que o deu todo ata o último momento.Todavía recordo coma se foxe hoxe a esa muller que a pesar de ter que camiñar axudada por un andante ía para a veiga que ten detras da súa casa e tentaba traballala ainda que xa non tiña forzas, pero ela sempre tentaba superarse día a día ainda que moitas veces a súa delicada saude non llo permitise. Hoxe en Soutelo foi un deses dias tristes nos que o sol sae para honrar a unha destas boas persoas que se van. Hoxe foisenos unha gran traballadora pero ante todo unha excepcional veciña que demostrou ser todo unha señora ata os seus últimos intres.

Adeus Amigo

Adeus Amigo

Esta pasada madrugada deixávanos outro dos nosos, trátase de Francisco Bouzas Viéitez mais coñecido como " O Grilo". Unha excepcional persoa  moi coñecida en toda a bisbarra pola súa gran labor de ferreiro. Un dos grandes é o mellor ferreiro que a nosa vila coñeceu.

Pero ademais da súa gran labor profesional sempre será moi apreciado pola súa labor humana por ser un dos grandes, dos nosos,unha desas poucas persoas que deixan unha gran pegada na súa xente. Un home amable,traballador é cun gran corazón disposto a axudarche en todo a cambio de nada. Hoxe os nosos corazón atópanse cheos de dor pero con esperanza de que algún día todos teñamos a oportunidade de volver a ser felices xuntos.

Mañá as 6:30 da tarde terá lugar o enterro en Soutelo.

Sempre me sentirei orgulloso de ser dos teus!.

                                                  D.E.P Francisco.

Adeus a un dos grandes.

Adeus a un dos grandes.

Hoxe ás 11 da mañá deixounos repentinamente un dos nosos famosos veciños.Trátase de José Fírivda Cachafeiro mais coñecido como "Maduro" casado é sen fillos era o único sobríño directo vivo  do famoso gaiteiro Avelino Cachafeiro.Maduro era un gran gaiteiro que xunto con "Caladiño" alcanzara un gran éxito musical.Despois pasou a formar parte do grupo " Os diplomáticos do Acordeon".Mañá ás tres da tarde daremoslle o noso último adeus na igrexa de Soutelo.D.E.P.

Outra menos

Outra menos

Hoxe diexounos outra das nosas.Desta volta trátase de Rosa Alonso Muradás mais coñecida como "Rosa de Penas",irmá de Ramona.Faleceu en Carballiño onde residia coa súa filla.O enterro terá lugar mañá venres ás 5 da tarde.D.E.P.