Adeus
Este mediodía falecía ós 102 anos un gran home deste lugar. Trátase de Claudino Troitiño Espiña, carpinteiro perante moitos anos en Soutelo, era unha excelente persoa é un gran traballador. Un home sereno, amante da tranquilidade, bondadoso é xentil. Unha das grandes persoas que viviu neste pobo, un gran veciño que sempre estaba disposto a axudar a calquera sen recibir nada a cambio, Claudino era unha desas persoas que realmente deixan pegada por onde pasan.Claudino era un gran loitador que con 100 anos xa cumpridos ía facer a compra é atendía a súa muller enferma, un home cun gran forza de bontade, un deses homes que coidan ás súas mulleres como o mellor dos tesouros ese foi o gran home que hoxe deixou de sorrir.Mañá ás 5 da tarde despedirémolo en Soutelo de Montes.D.E.P. AMIGO...
0 comentarios