Un ano sen Virxilio
Mañá xoves día 16 de Xullo ás 18:00 terá lugar o funeral de cabodano de D. Virxilio Viéitez Bértolo na igrexa parroquial de Santa María Magdalena de Soutelo de Montes.Un ano despois da súa desaparición recordaremos a ese gran xenio da fotografía que inmortalizou a súa vida así como a de centos de persoas coa súa cámara.Aquel home traballador que despois de emigrar e traballar como mecánico retornou á súa vila natal para realizar ese gran oficio que lle deu unha fama da que el era merecente,un ano despois queremos seguir recordando e para iso mañá ás 6 da tarde todos nos reuniremos para volver a recordar a ese perfecto anfitrión que soubo levar a súa popularidade sen fachendear que durante moitos anos axudou a esta gran vila que mañá lle dará esa homenaxe que el ten tan merecida.Grazas Virxilio estes onde estes nos nosos corazón non morrerás nunca
0 comentarios