Blogia

soutelodemontes

Concurso de Brisca

Concurso de Brisca

O próximo día oito de outubro remata o prazo para anotar ao torneo de brisca que se vai celebrar no local social casa do pobo de soutelo.Os requisitos so os seguintes:Ter gana de pasalo ben e anotarse por parellas de 2 ou de 3 persoas.Animadevos e a pasalo ben todos.

Ruada en Sanguñedo

Ruada en Sanguñedo

Hola a todos,estupenda a ruada que se formou o domingo pasado en Sanguñedo,Manolo "O Kechas" rocando o piano e sua nai e rosa tocando a pandeireta e cantando,tamen houbo slasa e merengue e para rematar unhas copas de sidra ejjeje,todo excelente, haber de volvemos outro día.Besos coidadevos

Bautizo

Bautizo

Hola a todos.Por fin algo novo dentro do normal ejejjejejej.Mañá bautizase o neto de Pilita de Tucho na iglesia de Soutelo, ojala que lle vaia moi ben e que disfrute desta nova vida que empeza.Coidadevos .Bikos

Clases de Tenis

Clases de Tenis

O sábado día 4 daran comezo as clases de tenis en Sotelo,todos os que queirades podedes apuntarvos e aprender este bonito deporte.Coidadevos

Clases de Baile

Clases de Baile

O próximo venres día 3 daran comezo as clases de baile de salon no centro social de forcarei, ainda vos podedes anotar, as clases serán de 8:00 a 10:30.Coidadevos

Aniversario

Aniversario

O próximo sábado día 27 ás once da mañá terá lugar o funeral de primeiro aniversario por Arsenio Álvarez Banga que foi veciño de Soutelo mais coñecido como Arsenio de funerario.Descansa En Paz.

Outono

Outono

Hoxe comezou o outono , os dias xa son mais pequenos e as noites mais longas xa se achega o frio e xa choveu,por certo que onte a noite tamen tronou,polo resto todo sigue igual estes dias non hai ningunha novidade das que se poden poñer aqui das que non se poden poñer si moitas e moi variadas ejejjejej.Coidadevos.

Reunion da Comunidade de Montes de Soutelo

Reunion da Comunidade de Montes de Soutelo

Hoxe día 20 de Setembro de 2008 ás 6 da tarde no Local Social Casa Do Pobo de Soutelo terá lugar a reunion.

 

                         A orde do día en 1º convocatoria será a seguinte: Falar dos cartos do monte parroquial

                                                        A orde do día en 2º convocatoria será a seginte:

                                                    1.Lectura da acta anterior.  2.Eleccion da nova xunta rectora

                                                   3.Estado das Contas 4.Rogos e preguntas.

                                                   

                                                 

 

3º Xuntanza Dos Nosos Maiores

3º Xuntanza Dos Nosos Maiores

Máñá venres terá lugar en Cerdedo a xuntanza dos nosos maiores,todo comezará cunha misa as13:00 na igrexa de Cerdedo,a continuacion serviráse un almorzo no Pabillon Municipal e para rematar un gran baile,por certo haberá autobuses polos lugares de costume.

Bautizo

Bautizo

Mañá domingo día 14 ás 12:00 terá lugar o bautizo de Clara Gabriela a fille de Pepe é de Claudia da Madalena,unha nena moi bonita.Será a primeira misa do noso cura tras ter previsto regresar esta noite de Lourdes a onde foron de excursión.

Fin de Tempada

Fin de Tempada

Hola a todos,depois de varios dias sen actualizar hoxe toca jejej.Hoxe a noite no circuito da Madalena haberá unha mini verbena amenizada polo grupo Maracas de Vigo, para celebrar o primeiro aniversario da posta en funcionamento do circuito e dalgunha maneira agradecerlle a toda a xente que asiste tanto como público como participante o circuito da Madalena.Durante o día tamén haberá carreiras que serán as últimas desta tempada.

Lourdes

Lourdes

Hola a todos hoxe deixovos aqui o programa da excursion a Lourdes.

Saida o martes as seis da mañá o autobus collerase diante do Banco Banesto.Visitarase Lourdes, A Expo de Zaragoza, o País Vasco,Cantabria, Asturias e finalmete o sábado  a noite chegada a Soutelo.Espero que todos os que ides o pasedes moi ben e xa nos traeredes algo ejjejejej.Para o ano haber se imos mais lonxe ainda ejjejej. 

A Franqueira é Os Milagros

A Franqueira é Os Milagros

Hoxe é o día da Franqueira é dos Milagros e como non podía ser doutra maneira quedou o pobo vacío para ir alá , todos os anos ian a Franqueira coa Montañesa pero os Milagros non xa que organizaba a excursion un veciño pero este ano non puido ser así é a Montañesa puxo un autocar para ir a pasar o día alí polo modico precio de 12 Euros,polo resto todo igual un bico e coidadevos.

Vilariño 08

Vilariño 08

Onte sábado celebrouse a verbena das festas de Vilariño ainda que o día propio é hoxe.A verbena estuvo amenizada por dous grupos.Á 1:00 celebrouse o sorteo dun magnifico xamon é dunha caixa de viño do bó ejejjejejej é dunha bicicleta.A bicicleta tocoulle a un chaval de por alí jejejej é o xamon é a caixa do viño a Adela da Farmacia( que por certo hoxe está de cumpleanos)  é a min por que compraramos a rifa a medias je je je.Onte a festa estivo moi ben .Felicidades a Pepe Cortizo que é o da comision.

A Borrasca

A Borrasca

Hola a todos, que tal por ahi? aqui estamos de temporal, hoxe choveu e fixo moito aire sobre todo a mañan sen causar danos persoais pero si algun material como o millo de Marilena que o tumbou todo ejejjejeje polo resto todo sigue igual,haber se ven pronto o bo tempo,por certo que o martes é a excursion a Lourdes pero xa vos informarei mañan.Coidadevos.

O próximo venres día 5 ás 6 da tarde terá lugar o funeral de Primer Aniversario por Placeres Viéitez Ogando mais conocida como Placeres da Perella é que foi veciña do lugar de Sanguñedo.D.E.P.

Forcarei 2008

Forcarei 2008

Grandes festas na honra a Virxe das Dores:

Venres:Pola mañá salva de bombas anunciando o comezo das festas e pola noite verbena a cargo do grupo Boomerang.

Sábado:Pola maña pasarruas a cargo do grupo os do Luns,as 13:30 misa solemne e pola noite verbena a cargo das orquestras Solara e Supremos.

Domingo:Pasarruas a cargo da banda artística de Merza,misa solemne as 13:30 seguida de procesion,pola tarde concerto da banda de musica na praza da igrexa é a noite verbena a cargo dos grupos Lamas é Embahadores.

Luns:Pola mañá pasarruas a cargo da banda de musica é o do grupo de gaitas de forcarei,pola noite verbena a cargo do grupo Naranja é os Diplomáticos do Acordeon.

                                                          

Mañá venres día 29 as 7 da tarde terá lugar o funeral de aniversario por Carmen Viéitez Viéitez veciña de Trasdomonte e sogra de Pilucha de San Marcos. D.E.P.

Excursion 2

Excursion 2

Hoxe xoves era a excursion organizada polo cura a praia de aguete,un bo dia de praia pero coa tormenta que vai cair espero que non se mollen moito ejjejejej,polo resto todo sigue igual.Besossssssss

Adios Tia Isaura

Adios Tia Isaura

Hoxe deixounos unha das mellores e mais ancians mulleres do pobo,trátase de Isaura Dapena Viéitez,mais coñecida como Isaura da Vernaldina.Foi unha gran muller loitadora que quedou vivuva moi nova e que soubo seguir adiante,hoxe  deixounos con 96 anos,morreu feliz .Non sufreu morreu charlando coas suas amigas sentada na sua Aldea De Arriba onde ela foi tan feliz ata o seus ultimos dias.Estes onde estes nunca olvidaremos os momentos que pasamos contigo as risas que nos fixeches sacar ainda que estivesemos tristes pero sobre todo o cariño e a amabilidade coa que tratabas a xente.Non te olvidarermos Isaura. D.E.P.