O que se foi
O sábado día 6 as 11 da mañá é primeiro cabodano de Aurelio Otero Rivas que ainda que natural de Pousada pasou os seus últimos anos en Soutelo,tiña a casa situada o lado da Praza dos Gaiteiros.D.E.P.
O sábado día 6 as 11 da mañá é primeiro cabodano de Aurelio Otero Rivas que ainda que natural de Pousada pasou os seus últimos anos en Soutelo,tiña a casa situada o lado da Praza dos Gaiteiros.D.E.P.
Hoxe Soutelo amañeceu todo nevado e durante toda a maña nevou,esta todo blanco,e para a noite esperase ainda mais,a neve e moi bonita para uns pero para outros son recordos de cando podian e agora non poden.Bikos e que siga asi.....
Hola a todos,debe ser certo de que con iso da caida da folla morre moita xente por que esta semana levámola así.Hoxe dixémoslle adeus a outro da nosa parroquia trátase de Amérito Gulias natural de San Xusto(Trasdomonte) e residente en Pontevedra faleceu onte ós 76 anos e hoxe depedimolo as catro da tarde.D.E.P.
Hola a todos,depois de varios dias sen actualizar hoxe deixovos unha nova da nosa terra.Antonte venres foi retirado un dos simbolos principais da Madalena o palco onde antigamente se celebraban as festas que estaba situado no adro da antiga igrexa parroquial.Ese palco era todo un simbolo que todos xeración tras xeración recordamos,nel temos xogado moito pasados momentos inolvidables sobre todo o día das festas da patrona,aquel palco marcou un antes é un despois na vida dalguns pero sobre todo separou á xuventude da vellez,ali novos e maiores pasaban as tardes charlando, rindo e xogando pero sobre todo pasabanas con felicidade.Un sin fin de recordos que nunca esqueceremos.
Esta noite deixounos outro dos nosos trátase de Luis Pérez que vivia en Barcelona pero era natural de Soutelo tiña a casa pegada a de sua tia Hortensia de Benigno e era tamen sobriño de Concha do Crego.Hai uns anos deralle un paralisis e esta pasada noite faleceu en Barcelona.D.E.P.
Hoxe por fin estrenamos o apartado dos nacementos.Antonte Xoves naceu Mateo fillo de Monica a filla mais vella de Don Celso e Chelo oxala que este rapaz que antonte veu a vida sexa moi feliz e que esta familia que aumentou o acolla con moito cariño e amor.Que sexan moi felices e que o disfrutedes con moita alegria.Felicidades.
Hoxe enterramos a outra das nosas trátase de Ramona Dapena Dapena a tia de Delia de Mato unha gran muller é unha gran persoa,deixounos o luns os 82 anos,viveu toda a sua vida nos Codesás ata que hai uns anos veu para Soutelo onde vivia rodeada de cariño e amor nese fogar onde a acolleron como a unha mais,ese fogar no que pasou os ultimos dias da sua vida rodeada da sua verdadeira familia aquela coa que pasou tantos momentos felices e que hoxe solo son recordos.Seguramente algun día nos volveremos a atopar pero ata entonces aqui quedan estas palabras que hoxe van adicadas a esa muller loitadora e traballadora que vindo duns humildes orixes soubo ser todo unha señora.Eu tampuco esquecerei todas as tardes de risa que me fixeches pasar.Ata sempre Ramona
Mañá venres día 7 as 16:00 na igrexa parroquial de Santa María Magdalena de Soutelo de Montes terá lugar o Funeral de Primeiro Aniversario do Falecemento de Dona Dolores Portos Varela mais coñecida como Lola de Varela veciña da Madalena e nai de "Lito da Madalena". Q.E.P.D.
O próximo sábado día 8 a partir das 17:30 na Praza dos Gaiteiros en Soutelo de Montes,celebrarase o magosto é a chourizada que estará amenizada por:
Gaiteiros de Beariz.
Celso Fernandez Sanmartin:Contador de contos e historias de tradicion oral.
Cuarteto do Cotaredo.
Os Carnochos.
Haberá Catañas,chourizo e viño.
Esa mesma noite terá lugar a apertura do Pub A-Saco cunha festa dos anos 70.
Os acrtos recadados no magosto e no Pub seran fondos para as Festas de San Roque 2009.
Por certo xa existe un numero de lotería da comision de festas que é o:64406
Hoxe domingo día 2 de Novembro é un día moi especial para todos nós no que debemos honrar os que por desgraza xa non estan con nos a todas esas persoas ás que ainda que pasen anos e anos nunca esqueceremos a todas esas persoas que un día nos fixeron tan felices e das que sempre teremos un bo recordo a todos eses que sempre sabian como facernos sorrir ainda que non tivesemos ganas.Grazas por todo.
Hola a todos, onte foi a noite de hallowein unha das noites que mais medo dan en todo o ano unha das noites mais especiais para os ingleses é unha das mais orixinais.Dise que todo isto comezou coa queima dunhas bruxas pero como eu non estaba ali non sei se e certo ejejjejej.Coidadevos
Hoxe domingo as 16:00 terá lugar no Bar Avenida unha reunion da Asociacion deportiva de Soutelo na que se trataran alguns puntos. ejjej.Perdon por tervos tan abandonados esta semana pero e que non houbo novidades haber de pasa algo interesante esta semana.Coidadevos .
Esta fin de semana celébrase no polígono industrial de Vilapouca en Soutelo de Montes a 3ª concentracion tunning que organiza " A SACO TUNNING CLUB".Perante toda a fin de semana haberá probas de automoviles e pola noite gogo´s e en cabina:Dj Bruno é Dj sonic.O sábado a noite terá lugar o sorteo dunha finde semana para duas persoas nunha casa rural en Lantaño.Todo un exito asi que se queres acudide e se non tamen.A entrada custa 2 euros é e valida poara toda a fin de semana.
O sábado día 18 cásanse Iria e Jose.As 13:00 horas tera lugar unha misa na igrexa Parroquial de Soutelo e seguidamente o almorzo servirase no Pazo de Bendoiro en Lalin.Un dia perfecto para uns noivos perfectos.Oxala que sexan moi felices e que o amor lle dusre toda a vida por que eles o valen.Moitas Felicidades os dous.
Onte luns sobre as duas da tarde un conductor que circulaba pola n-541 perdeu o control do seu vehiculo diante da tenda de Paco dos Ordenadores e foi bater de lado contra unha furgoneta que estaba estacionada diante da casa de Tista afortunadamente non houbo danos persoais so materiais.Polo resto todo sigue igual ejejeje.
Hola a todos hoxe día 12 de Outubro é o día grande de España é o día da Hispanidade.Día no que todos nos deveriamos sentir orgullosos de ser españois de representar a un gran pais a unha gran nazon que sempre ocupara o noso corazon.Hoxe é un gran día.Felicidades a todas as Pilares.Besos coidadevos
Depois de moitos anos de tola paixon Juan do Crego cásase con Leticia da Bouza.Por fin deixaran de vivir en pecado e se uniran en santo matrimonio ejejje,ojala que sexan moi felices e que este enlace que hoxe comezan os encha de ledicia,amor e feliciade pero sobre todo dunha vida longa xuntos para sempre.Que sexades moi felices por que vos o merecedes..As 17:30 será a misa na igrexa parroquial de Santa María de Beariz e depois a cea servirase no restaurante Os Robles de Santiago.Felicidades!!!!!!!!
A comisión de festas de San Roque 2009 organiza un torneo de subastado que se celebrara nos seguintes locais:Bar Avenida,Bar A Conquista é Bar Montes o torneo terá lugar nas fins de semana e dará comezo o 25 de Outubro.Apuntarse nos locais onde se fai o torneo o prezo será de 20 Euros por parella é o máximo son 20 parellas.Os premios son os seguintes:O primeiro 200 euros e un trofeo, o segundo 100 euros é un trofeo é o terceiro 50 euros é un trofeo
Hola a todos, aqui todo digue sen novidades ejjeje,hoxe cairon unhas gotas e cara a tarde levantouse un pouco de aire,pero polo resto todo sigue igual.Se sabedes algo novo deixade un comentario.bicos Coidadevos
Hola a todos,o próximo sábado día 4 cásase unha gran amiga miña trátase de Rosa para os que non o sepan é a sobruña de Lino de Trasdomonte que vive en Mexico pero que pasa os verans e as vacacions en Soutelo,ojala que sexa moi feliz e que o seu matrimonio dure moitos anos dende aqui fagolle a miña pequena homenaxe.Felicidades Rosita