Blogia

soutelodemontes

Adeus Agustín

Adeus Agustín

Hoxe deixounos outro dos nosos trátase de Agustín Trotiño Varela veciño do lugar de Sanguñedo, estaba casado con Elida e residia en Sanguñedo,hoxe deixounos os 77 anos,mañá as 12:00 celebraráse o funeral e despois recibirá sepultura.Agustín foi un home traballador e honrado que cando te via sempre te saudaba e co que podias ter unha conversa tranquilamente.D.E.P.

O Temporal

O Temporal

Durante a pasada noite o temporal de chuvia e vento chegou a Soutelo onde causou numerosos danos materiais pero por sorte ningún persoal.Na igrexa arrancou unha das famosas arbores que medran no adro e caeu sobre o teito da pia bautismal,a Carolina da Vernaldina arrincoulle a cheminea e levantoulle o tellado o igual que a Saludina de Camba,no edificio onde está a tenda de Paco dos ordenadores arrincou a chapa que tiñan na parede e no Meixueiro tirou unha arbore de Rosaura de Barros na carretera quedando esta cortada e caindo sobre o cierre do colexio.Moitas historias que se me puxese a escribir non remataria de contar en moito tempo.De momento o blog resistiu o temporal je je je .Coidadevos.

Outro que nos deixou

Outro que nos deixou

Mañá as 12:30 terá lugar o funeral de enterro de D.Gerardo Pena Viéitez que ainda que natural da Aldea de Arriba(Soutelo) faleceu en Badalona os 66 anos de idade.Era irmán de Lola da Grila,pouca xente o coñecia xa que dende moi novo tivera que emigrar a Badalona pero gustaballe vir a sua terra natal Soutelo de Montes.D.E.P.

Cabodano

Cabodano

Mañá sábado día 24 as 12:00 da mañá terá lugra o funeral de primeiro cabodano de Dorinda Alonso Balado que foi veciña do lugar de Sanguñedo,unha muller loitadora que depois de moitos anos loitando contra unha grave enfermidade esta puido con ela.Unha gran muller a que mañá recordaremos.D.E.P.

Volveu a neve

Volveu a neve

Hoxe Soutelo amañeceu cuberto cun gran manto branco.Esta noite volveu nevar de maneira considerable e durante toda a mañá fixoo de maneira persistente.Segundo apuntan as previsions para as proximas horas seguirá nevandotoda a tarde e toda a noite.Polo resto sin mais novidades.Que sexades felices.

Sen nada novo

Sen nada novo

Hoxe actualizo pero sen novidades.Hoxe non hai nada novo,weno ou se cadra si pero aqui non se pode contar..eejjej.Besos coidadevos

Cabodano 2

Cabodano 2

O próximo sábado as 10:30 da mañá terá lugar o funeral de primeiro cabodano por Lino Barros Quintá que foi veciño do lugar de Codesás e que faleceu os 48 anos víctima dun accidente de tráfico.Mais coñecido como Lino de Trasdomonte foi unha persoa que viveu a vida a sua maneira e mentres o fixo foi felíz.D.EP.

Cabodano 1

Cabodano 1

O próximo sábado día 10 as 10 da mañá terá lugar o funeral de primeiro aniversario por Isolina Quintá Gulias que foi veciña do lugar dos Codesás(a nai de Alsira de Trasdomonte).Foi unha muller loitadora e traballadora.D.EP.

Belen vivinte

Belen vivinte

Mañá sábado día 3 de Xaneiro terá lugar un belen vivinte no pavillón dos deportes de Soutelo onde se daran cita os seus personaxes.As 7 da tarde no mesmo lugar terá lugar unha misa é a continuación sobre das 10 unha cea no restaurante millenium para todos os que queiran asistir o prezo é de 15 euros pero creo que xa non hai mais plazas.Coidadevos

Feliz 2009

Feliz 2009

Feliz ano novo a todos.Espero que este ano que hoxe entra veña cargado de ledicia,amor e felicidade ainda que se tamen trae cartos tamen vale.Hoxe entra un ano cargado de ilusion de ganas de vivilo e de disfrutalo o 2009 vai a ser un gran ano para todos nos.Dende o blog de Soutelo de Montes desexovos un feliz aninovo.

Foise Felicidad

Foise Felicidad

Hoxe deixounos outra das nosas trátase de Felicidad Varela que foi veciña do lugar da Madalena(Para os que non o saiban a nai de Tino o Sacristán).Deixounos hoxe o mediodía depois dunha longa enfermidade.E moi triste que morran así os veciños e mais nestas datas que terían que ser de ledicia e tranquilidade pero a vida é así.O meu mais sentido pésame a súa familia.Coidadevos

O último bautizo do ano

O último bautizo do ano

Hola a todos.Que tal pasastedes as navidades?.Espero que ben por aqui todo sigue igual chovendo ainda que hoxe nevou algo pero non chegou a callar.Mañá bautízase na misa das 12:00 unha neta de Sadol que viven en Vigo pero pasan as vacacions e as fins de semana en Soutelo.Polo resto sen novidades.Biks.Coidadevos

Bo Nadal

Bo Nadal

Hola a todos,hoxe día 24 de Decembro é un día moi especial pero sobre todo unha noite moi especial é máxica na que moitos soños se cumplen realidade pero tamén é unha noite de tristura recordando os que por algunha circunstancia esta noite non estarán pero que teremos moi presentes, a todos aqueles que algún día nos sacaron un sorriso aqueles cos que simplemente fomos moi felices aqueles que algúnha noite como hoxe estiveron connosco.Coidadevos

Lotería

Lotería

Mañá día 22 de decembro é un día máxico é un día cheo de ilusión e emoción é o día no que mais ilusión nos faría que nos tocase algo é mais se é a lotería de navidad.O 22 de Decembro é un día cargado de ledicia é de esperanzas de que nos toque algo e se materialmente non nos toca nada polo menos que sigamos como estamos é que non nos veña algo malo.Weno polo demais sen novidades.Coidadevos

Reunión Catastral

Reunión Catastral

Hoxe xoves ás 21:00 no Bar Avenida de Soutelo terá lugar unha reunión na que se tratará o teme que estas duas últimas semanas mais está a preocupar os habitantes deste concello:O Catastro.

E a neve volveu

E a neve volveu

Durante toda a pasada noite e durante o día de hoxe nevou intermitentemente en Soutelo.Un día como o de hoxe esta cargado de recordos e de ledicia.De recordos para os nosos maiores que recordan como durante a súa xuventude é a súa nenez coma hoxe eran case todos os día do inverno.Recordan aquelas noites cheas de ledicia e felicidade.Aquelas noites que pasaban a carón do lume da lareira contando contos cunha taza de caldo para cear.Aqueles día de neve e de xuventude que xa non volverán agora so son recordos cos que eles se contentan recordos de xuventude recordos cargados de amor, de diversión é de imaxinación.Aqueles rapaces que dunha pedra facían un xoguete é dun pano unha boneca aqueles que nos ensinaron todo o que sabemos aqueles que algún día cando vexamos nevar e eles non estén acordaránnos e pensaremos que razon tiñan.Tamén é un día de ledicia para os mais pequenos que hoxen xogan é disfrutan con ela.É un día para non esquecer menos no meu caso que caín estomballado na acera é e mellor esquecelo ejejje.Coidadevos

Outro

Outro

Mañá sábado as 11 da mañá terá lugar o Primeiro Cabodano de D.José Casado Gil que foi natural desta parroquia mais concretamente do lugar de A Madalena onde era coñecido como o fillo de Maria do comercio.D.E.P.

A Autovía

A Autovía

Según o Faro de Vigo de hoxe na sección de Tabeirós Montes  estase realizando un estudo para prolongar a autovia AG-59 ata Soutelo de Montes e que enlazará coa que esta proxectada ata A Estrada.

Cabodano de Hortensia

Cabodano de Hortensia

Mañá Venres día 12 as 4 da tarde na igrexa de Soutelo xuntaremonos todos para recordar e rezar por Hortensia Blanco Civeira mais coñecida como Hortensia de Benigno que fai un ano que nos deixou.D.E.P.

Comida

Comida

Hoxe sábado as dúa da tarde tivo lugar no pabillon dos deportes de Soutelo unha comida organizada pola comisión de festas con fin de recadar cartos para as festas de San Roque 2009.Todo  estivo moi ben sobre todo a carne.Grazas a todos os que colaborástedes.