Blogia

soutelodemontes

A Madalena 2008

A Madalena 2008

Hoxe dia grande das festas da Madalena.A partir das 10 da maña salva de bombas e pasarruas , as 10:00 é as 13:00 misas sendo esta ultima a solemne,a tardiña xogos para os mais pequenos e para rematar gran verbena a cargo das orquestras La Oca é non me acordo ejejejjejejej.Por certo onte suspendeuse a actuacion do trio Sevilla por que non funcionaba o transformador ejejej.Viva a nosa patrona

Festa do Mejillon

Festa do Mejillon

Mañá luns celebrase a festa do mejillon na Madalena.A partir das 21:30 poderase degustar este fantastico prato.Despois actuara o trio sevilla é o grupo Pai Da Cana.Ata que o corpo aguante

A Madalena 2008

A Madalena 2008

Hoxe comezaron as festas parroquiais en honor a Santa María Magdalena cunha xornada de portas abertas no circuito de Karting da Madalena,pero a festa continua o luns é o martes

Boda

Boda

Onte sábado a unha da tarde tivo lugar o enlace matrimonial de Evita e Victor.Dende o noso blog desexamoslle moitas felicidades ogalla que sexa para sempre e que sexan moi felices por que o merecen.Coidadevos

Adeus o mais grande

Adeus o mais grande

Hoxe depedimos a un dos grandes, a un dos nosos , entre bagoas e abrazos dixemoslle adeus o mais grande fotografo que este pobo puido ter,depois de tantos anos a su camara apagouse para sempre ,centos de persoas acudiron o sepedilo no medio dunha multitude saia el a hombros  como o mais grande como o artista que foi, pero sobre todo como o veciño o que non lle gustaba fachendear da sua fama e que mentres puido sempre lle gustou axudar os demais,el apagouse pero o seu legado continua ahi nas suas fotos,nos seus carretes , na nosa memoria pero sobre todo na sua herdeira a sua filla Keta que coma el é unha excelente fotografa.Hoxe toda esa xente a que souvo fotografiar e tratar dixolle adeus ainda que na nosa memoria é no noso corazon nunca morrera ese gran mestre esa gran persoa que souvo levar a fama sen alterarse e que souvo comportarse con todos nos.Nunca te esqueceremos amigo.

Adeus Virxilio

Adeus Virxilio

Hoxe deixounos outro dos nosos desta vez trátase de Virxilio Vieitez Bértolo,un grandioso fotógrafo é un home moi coñecido en toda a bisbarra,a súa perda supón a desaparición dun gran home que depois de traballar de mecánico decidiu adicarse en pleno a fotografía.Vivía en Soutelo onde no que ata agora foi o seu fogar se atopa depositado,a saida para o entierro será mañá Mércores as 17:00 horas Virxilio Viéitez naceu en Soutelo de Montes no ano 1930. Traballou, antes de se dedicar ó mundo da fotografía profesional, nas obras do aeroporto de Santiago de Compostela, con 16 anos de idade, e despois na zona do Pirineo aragonés, con 18, onde traballa nos teleféricos. Aí toma o seu primeiro contacto co mundo da fotografía, mercando unha Kodak de formato 6 x 9. No ano 1949 volve de vacacións a Soutelo. Con posterioridade trasládase a Palamós e comeza a traballar como empregado do fotógrafo Pallí, co que aprende o manexo da cámara e o traballo do laboratorio. Chega a facer algúns traballos dirixidos á publicación "La Vanguardia". Aproveita tamén o boom turístico da Costa Brava para facer retratos ós turistas que querían levar unha lembranza de España.

 

       No ano 55 ten que volver a Galicia por se atopar súa nai enferma, e uns meses despois, ó morrer esta, ten que ir facer o servicio militar á Coruña, estando xa casado. 

 

       No 57 reemprende o traballo fotográfico en Soutelo, cambia a cámara Retina por unha Rollei e despois incorpora unha Voigtlander. Comeza a traballar arreo por toda a comarca de Montes (Beariz, Pedre, Avión, Millerada, San Marcos, Sanguñedo, A Barcia, etc). Tamén exerce de corresponsal de El Pueblo Gallego e da emisora Voz de Vigo.

 

       Dentro da súa actividade ocupan lugar importante os retratos para o carné de identidade e os casamentos. En 1967 mercou un seat 1500, o "coche das noivas, que non podían ir nun 600". Na década dos 70 introdúcese a cor nos seus traballos, aínda que el prefire ó branco e negro, que lle permite encadrar e traballar posteriormente a fotografía.

 

       Nos 80 abandona toda actividade fotográfica e cede o relevo á súa filla Keta. Esta é a responsable, no ano 1997, do descubrimento do labor de seu pai, tras organizar unha exposición en Soutelo que amosa un centenar de fotografías de Virxilio, e que será vista por Manuel Sendón e Suárez Canal, os que tratan por tódolos medios de que a obra do soutelán sexa coñecida non só en Galicia, senón en todo o mundo.

 

       A obra de Virxilio está composta sobre todo por imaxes realizadas no exterior (hortas, rúas e estradas, prazas, o campo). Esto daba lugar a resultados insólitos pero harmoniosos na composición. Nas fotografías de estradas, reforzábase considerablemente a presencia do suxeito retratado, situado no centro da imaxe, outorgándolle un maior impacto visual provocado pola sensación de espacio baleiro que xeraba.

 

       Coida sempre con atención os fondos e os diferentes elementos que introduce, así como a posición do suxeito e a relación entre eles se son varios. Non resulta estraña a inclusión de animais domésticos coma a cabra, o gato ou o can, pero o que si resulta sorprendente é o xeito en que o fai, mesturándoos cos retratados vestidos de festa.

 

       Noutras ocasións o papel dos animais é suplido por outros elementos, sendo frecuente que fixese posar ás mulleres, nos retratos individuais, con algún obxecto nas mans, xa for un ramo de flores, un costureiro ou unha carteira. A importancia que para Virxilio tiña a escenificación, que controlaba con grande sensibilidade, non daba lugar a imaxes sofisticadas, gratuítas ou recargadas. A súa forza estaba na súa sinxeleza, a pesar do inusitadas que resultasen algunhas delas.

 

       Cómpre reparar tamén no gran número de fotografías que constrúe introducindo como fondo os monumentais Chevrolets, Pontiacs, Fords ou Cadillacs que os emigrantes traían das Américas, como novidade e luxo que resultaba atractivo incluír nas fotografías. Tamén incluía autobuses coma o Numancia ou La Montañesa, e mesmo a súa propia motocicleta, que aparece en gran número de instantáneas. A través delas mesmo se pode ir comprobando o cambio da sociedade, no feito do propio cambio dos coches americanos polos europeos, e máis tarde a irrupción dos mil cincocentos e dos seiscentos españois.

 

       Se a escenificación é importante, non o é menos a gran capacidade de Virxilio para captar a expresión das xentes que fotografa, obtendo imaxes dunha extraordinaria vida. Atopamos expresións de tristeza -as condicións de vida naqueles tempos non eran para menos, non deixa de ser a mesma sociedade que Chano Piñeiro retrata en "Sempre Xonxa"-, de desconfianza, e nalgún caso de satisfacción, pero todas elas acompañadas dunha seriedade que, unida á coidadosa elección da vestimenta, mostra o respecto que tiñan naquel momento polo acto de se retrataren, un acto absolutamente excepcional e trascendente, tendo un significado moi diferente ó de hoxe, como Virxilio di: "agora é distinto porque en cada casa hai unha máquina".

 

       O gran dominio que tiña do retrato permitíalle acadar as imaxes que obtiña tirando normalmente un só negativo por retrato, sendo raros os casos en que tira dous fotogramas. O control que el exercía sobre os suxeitos e a capacidade para prever os resultados era total, "o cliente non tiña voz, o único que lle interesaba era saír guapo e non se preocupaba para nada do fondo da imaxe, eles mesmos preguntaban onde se tiñan que pór. Non era como agora, quen mandaba era o fotógrafo, era como un notario". Efectivamente, Virxilio é un dos mellores notarios do mundo da emigración e das súas tráxicas consecuencias para a desmembración das familias e do desleixamento dun mundo que xa non podemos ollar se non é nas súas fermosas e testemuñais fotografías.

       Virxilio foi recoñecido xa á altura de fotógrafos como Ksado ou Manuel Ferrol, porque entre outras cousas, e como ben resalta Manuel Sendón, a pesar do gran número de cámaras que hoxe en día existen e malia o gran número de fotografías que hai en todas as casas, moito tememos que ningunha comarca quedará neste momento tan claramente reflectida nas súas coordenadas de espacio e lugar como o foi a Terra de Montes neste período por Virxilio Viéitez.ial as 17:30.D.E.P.

O Roubo

O Roubo

Hola a todos,seguramente vos preguntaredes por que o articulo de hoxe se chama así,pois vouvolo a explicar.O pasado venres que foi o día de San Benito mentres estabamos na verbena produciuse un roubo nun dos vehiculos que estaban estacionados nas inmediacions do campo da festa e que pertencía a Higinio de Vilapouca así que se alguen veu algo que o diga,polo resto sen novidades.Bikos coidadevos

San Benito 2008

San Benito 2008

Mañá día 11 de Xullo son as festas do San Benito de Pardesoa,durante toda a mañá haberá misas dende as nove ata as 12:30 cada media hora.A misa solemne será as 13:30,depois a sesion vermouth.Á tarde as 18:00 misa é depois as tradicionais poxas é para rematar a partit das 23:00 Verbena a cargo de duas boas orquetras.Feliz San Benito a todos.

Os Galegos

Os Galegos

Deportes típicos segundo  a frikipedia:
*Votar ao PP
*Prenderlle lume ao monte
*Soltar miles de visóns polo campo
*Cazar gamusinos (para os non galegos, tamén coñecidos como Nabish)
*Ir a putas
*Volver a putas
*Recollida de Chapapote
*Cen metros gaita Don Manuel Fraga quixo impoñer o Cien mil gaitas metro pero non callou.
*Beber 3 ou 4 Estrelas Galicia en cada bar polo que se pase. (Cervexa oficial do pais).
*Tirar pontes romanas
*Cocer cousas
*Responder sempre ás preguntas que se lles fan con outra pregunta
*Cargar señores maiores para achegalos ata a urna para exercer o primeiro deporte aqui descrito (para practicar este deporte é necesario ter licenza proferida polo PP ou no seu defecto ter unha longa cabeleira loura e bigote tambien louro, ademas de ir acompañado dos teus pais).
*O deporte máis popular consiste en ir de casa na casa ofrecendo servizos sexuais a homes de mediana idade, solitarios e disléxicos a prezos alcanzables, con grande amabilidade de trato e sesións fotográficas incluídas. Posteriormente engádese un potente somnífero na bebida predilecta da vítima e desvalíxaselle a casa no menor tempo posible, fotos incluídas.
*Aquí un resumo do anterior torneo, no que curiosamente, as finalistas non acudiron a recoller o trofeo.

*E por suposto, criticar. (importado da veciña España, onde ostenta a categoría de deporte nacional)
*Levantamento de cacharro Modalidade de halterofilia en dous tempos, na cal primeiro levántase o peso de vidro con forma de recipiente para aumentar o seu peso rellenandola con algún liquido presente no recinto da competicion (Bareto Arena) e no segundo tempo desaloxa o contido deste por via esofago. Esta operación repítese varias veces. Concédese o titulo de gañador ao que logra manterse en pé ao final da competición

Hola a todos

Hola a todos

Hola a todos,por aqui todo sigue sen novidade ningunha, o tempo esta un tanto inestable é o sol deixase ver algunha que outra vez,polo resto todo sigue igual,calquera novidade é avisovos ejjejeje.Bikos

Martiño Rivas

Martiño Rivas

Martiño Rivas era o principal atractivo turístico da rapa da bestas.Ainda que pasou desapercivido nos vímolo(Paula,Patty e Éu)que emocion que emocion ver a Martiño Rivas en persona é sacar unhas fotos con el .Esas fotos valen millós que emocionante velo é tocaloe ejjejejejejejjeje.Paula é Patty inolvidable esta tarde.

Correos( noticia referente as cartas ejejjejej)

Correos( noticia referente as  cartas ejejjejej)

Hola a todos,a partir de hoxe a oficina de correos que estaba na casa de Pilita do Correo )que como o seu propio mote indica era a que andaba co correo ata que se xubilou estes dia) esta agora na biblioteca nun minihabitaculo que hai na entrada,é a carteira tamen cambiou ahora é unha chavala de Pontevedra haber canto aguanta aqui de carteira ejejjejej,polo resto todo sigue igual,coidadevos.Bikos

Comunions en Soutelo(Parte 2)

Comunions en Soutelo(Parte 2)

Hola a todos,seguramente vos preguntaredes por que esta é a parte dúas ou onde está a parte unha,pois veredes a parte unha esta dous meses atrás na comunion da neta de Delia de Mato xa que foron as primeiras comunions que houbo ata agora.Este domingo fai a comunion a Natalia a neta de Julia de Dina da madalena.Será na misa das 12:15, así que se podedes ide é rezade por min e pola nosa web jejejej.

A Rapa 2008

A Rapa 2008

Este fin de semana xa é a rapa en Sabucedo, durante tres días poderedes disfrutar de boa música ,comida é unhas borracheiras de morte.Os que queirades tamen podedes ir de acampada que é o que fai a maioría da xente e disfrutar dos curros é de todo o demais que hai é que pasa nesta gran festa cultural é que se remonta a tempos moi antigos,é unha festa feita para divertirse cos amigos é como se acampa alí pódese beber por que non hai que coller o coche.Animadevos é ide.

Rebaixassssssssssssssssssssss

Rebaixassssssssssssssssssssss

Xa comezaron as rebaixas mais esperadas do ano que son as de veran,ata o 31 de agosto podemos encontrar moitos artículos de vestir e calzar con prezos excepcionais rebaixados ata un 50% así que xa sabedes ide canto antes se queredes topar o que vos gusta é ainda por riba rebaixados.Viva as rebaixas

Gañamos

Gañamos

Por fin gañamos.Depois de cuarenta e catro anos,gañamos ainda que solo fose 1-0 pero gañamos.Que partido mais emocionante,polo resto todo sigue igual.Feliciades a seleccion e que sigan así.

Festa de San Pedro

Festa de San Pedro

Hoxe a noite na Carballeira do Parque Venezuela,temos unha mini festa para celebrar o San Pedro onde non vai faltar o viño a carne é a boa música.Así que se queres pasar un rato divertido acercate.Despois haberá que volver a sacar os carros é o demais ejjeje.

Concerto de Soraya

Concerto de Soraya

Hoxe sábado gran día das festas da Estrada , a partir das once da noite actuacion estelar de Soraya á entrada será gratutita.Esperemos que nos deleite co seu tradicional poyeya ejjejejejjejejejjejej.

Comida do PP

Comida do PP

Mañá sábado día 28 de Xuño a partir das 13:30 horas terá lugar na Carballeira da Freixeira unha comida de confraternidade de todos os simpatizantes é membros pertencentes do Partido Popular de Forcarei,a comida está organizada polo concello é o custo será de  10 Euros.O menú é o seguinte:Mexillons,empanada,entremeses,xamon asado,café copa é  postre.Que o pasen ven os que asistan ejjeje.

A Estrada 2008/2

A Estrada 2008/2

Hoxe outra vez gran día de festas na Estrada o mais importante sen dubida o conxcerto que dará esta noite El Sueño de Morfeo na Praza da Constitucion e para asistir a cal haberá que pagar 10 Euros,polo resto to xenial.Bikos coidadevos