Blogia

soutelodemontes

Outro que nos deixou

Outro que nos deixou

Onte deixounos outro veciño da parroquia. Trátase de Manuel Porto Abella veciño do lugar de Sanguñedo é casado con Marilena natural é veciña dese lugar. Despois de sufrir unha caida faleceu onte. O soterro terá lugar mañá Martes ás 5 da tarde na igrexa parroquial de Santa María Madalena de Soutelo de Montes.D.E.P.

Felicidades

Felicidades

Hoxe primer domingo do mes de maio é o día da nai. Dende aqui quero felicitar a todas as mulleres pero en especial a todas as nais que ahi. Para uns será un día de celebración é para outros un día de recordos é tristura. Disfrutade delas cada instante por que os pequenos detalles son os que marcan os grandes recordos.

Estrada Vilpouca-Cachafeiro

Estrada Vilpouca-Cachafeiro

O Departamento de Medio Ambiente, Planificación e infraestrutura, anunciou o concurso para os traballos de desapropiación para realizar obras de mellora Cachafeiro sección da estrada Vilapouca EP-7207. Segundo o anuncio publicado onte no Diario Oficial de Galicia (Dog), a proposta base valores de orzamento para EUR 83 776. O licitante vencedor terá prazo de dous anos para completar o traballo. O anuncio oficial está feito en ratificar uns días por Alejandro Gomez deputado popular, que anunciou este verán, o inicio da expropiación para a mellora da estrada Cachafeiro Vilapouca. Os seus comentarios tiñan acender un espello e contra-cruzamento entre o PSOE eo PP. Os socialistas consideradas inadecuadas para falar do inicio da expropiación cando os veciños non saben aínda o proxecto non tería a oportunidade de facer pedidos a el. O popular, sen embargo, asegurou que o proxecto de exposición sería restaurada en debido tempo e que non houbo dificultade para iniciar o proceso de expropiacións no mesmo período. Finalmente, na sesión plenaria da semana, PSOE e PP decidiron presentar publicamente o proxecto de reforma da mellora da estrada antes da desapropiación e pedir o cumprimento dos prazos Xunta. Durante o período anterior da Xunta o PP fixera un proxecto de mellora da estrada Cachafeiro-Vilapouca que nunca foi implementado e que o tempo foi necesario para poñer pequenas reformas. Sen embargo, o goberno local di que non hai grandes cambios e espera que as expropiacións serán resoltos facilmente, xa que é só un ampliación da estrada, e non cambios de percorrido. Este tramo da estrada que une a Soutelo é Estrada con Ourense  e Pontevedra e de propiedade   provincial. Sen embargo, agora as formalidades son cumpridas para o paso de estiramento, como o resto da estrada, nas mans da Xunta. O goberno rexional vai ser despois o que debe asumir os costes da mellora.

Información do xornal  La Voz de Galicia do 1 de maio de 2010

cabodano

cabodano

Hoxe ás 11 da mañá tuvo lugar o funeral de cabodano por don Manuel Rey Taberneiro que foi veciño do lugar de Vilapouca é que finou no Carballiño. Era coñecido como " Manuel do rolo".D.E.P.

Adeus

Adeus

Onte ás 8 da tarde na igrexa de Soutelo de Montes despedimos a outro veciño da parroquia. Trátase de Delmiro Barros Gulias casado con " Carmiña do Rolo"  é veciño do lugar de Vilapouca. D.E.P.

Novo Nacemento

Novo Nacemento

Esta pasada madrugada produciuse un novo nacemento. Trátase dunha fermosa nena que se chama Alicia é que é filla de Lucía Bouzas a menor das dúas fillas de Faico. Moitas felicidades, oxala que esta nena que hoxe entrou nas vosas vidas veña cargada de ledicia é sorte. Recordade que cada fillo é un milagro único e imposible de repetir . Felicidades!!!

CETMO

CETMO

Estas son algunhas imaxes do Centro Entnográfico de Terra de Montes siatuado en Soutelo de Montes é que foi restaurado ultimamente.

Vólvese vender

Vólvese vender

A casa modernista que foi construida pola familia González Barros volve estar á venda. Este emblemático caserón dispón dunha superficia total de 730 m2 distribuidos en cinco plantas, dispón de 7 dormitorios,despachos,cociñas,galerías totalmente acristaladas asi como de terrazas en todas as súas plantas. Ten un terreo de 3.600 m2 totalmente amurallado, que se compón de arboles frutais é de adorno,xardíns,pasillos,bancos,fontes é estanques. Tamén dispon de piscinas para rapaces e adultos así como dunha cancha de tenis.Posee dous garaxes construidos no mismo estilo fora da casona con capacidade para 4 coches. Se está interesadp contactar nos teléfonos: 986-65-09-04 ou no 645-664-080

Festa Do Xabarín

Festa Do Xabarín

 O próximo domingo día 25 tamén terá lugar a V edición da festa do xabarín. O programe é o seguinte:

 11-Presentación de Expocerdedo.

11:30- Actuación do grupo OS ABRENTES é a CHARANGA APELES.

11:45 -Actuación de Voo en parapente.

13:15- Pregón a cargo de Quique Morales: Reposteiro do programa España Directo.

13:30-Comida.

15:00- Actuación do grupo OS ABRENTES de Cerdedo é da Charanga Apeles.

15:30-Entrega do Xabarín de Prata.

16:45-Actuación do grupo  A Roda.

19:00- Verbena a cargo das orquestras Suavecito e Lamas.

Haberá diversas actividades é hinchables para os mais pequenos.

Campionato de baile

Campionato de baile

O prócimo domingo día 25 a partir das 12:00, no pavillon polideportivo "Paco o rubio" de forcarei terá lugar un campionato de baile. A entrada custará 7 euros para os maiores de 10 anos, os que non superen esa idade entrarán de balde.

Outra despedida

Outra despedida

Hoxe deixounos outra veciña da parroquia desta volta trátase de María Rajoy Otero veciña de Trasdomonte que faleceu en Vigo. O sepelio será mañá ás 6 da tarde.D.E.P.

As obras do multiusos.

As obras do multiusos.

Despois duns cantos meses obras do multiusos de Soutelo seguen paradas. O que parecía un edificio que ia ser contruido rápido e eficazmente converteuse nunha obra que leva anos así é que parece que xa se esqueceron dela. De momento imos ter que esperar.!!!

Vilapouca

Vilapouca

Según as últimas noticias, está previsto que durante o mes de xuño se abrá a circulación a estrada que une Soutelo con Forcarei é que fora derrubada por mor dun temporal deste pasado inverno. Tamen está previsto que en breve comece a traballar o laboratorio farmaceutico que se contruiu no polígono de Vilapouca. Comezará con 7 traballadores pero esperase que a finais deste ano acade os 25.

Adeus

Adeus

Hoxe despedimos a outra veciña da parroquia. Trátase de Hortensia Muradás Espiña, veciña do lugar de San Xusto.Foi soterrada hoxe ás 5 en Soutelo. D.E.P.

Sarabeada

Sarabeada

O temporal que hoxe nos azouta deixounos esta impresionante imaxe. Unhra gran sarabeada caida pasadas as 10:30 da mañá cubriu cun manto branco toda  a nosa vila.

San Benito 2010

San Benito 2010

O próximo sábado día 21 celebrase na parroquia de Pardesoa o San Benito de Inverno. A partir das 9 da mañá haberá misa cada media hora sendo a solemne ás 13:00 horas acompañanada de procesión é do concerto da banda musical os alegres de Pontevedra.Pola tarde a misa será ás 6 seguida das tradicionais poxas.

A comisión de festas de San Roque 2010 porá un bar no recinto da romaría de San Benito por iso dende aqui quero pedirvos a vosa participación por que cunha soa consumición colaborades coas nosas grandes festas.Saudos

Vendida

Vendida

Presuntamente estes pasados dias foi vendido o chalé situado detrás da igrexa de Soutelo de Montes que foi construido pola familia Valilla é do que actualmente era propietaria unha caixa de aforros. Esa é a imaxe que presenta o salon principal da vivenda.