Blogia

soutelodemontes

Dende o corazón

Dende o corazón

Dende o blog de Soutelo de Montes queremos expresarlle o noso mais sentido pésame a familia do xoven Luis Gil Barros que finou en Venezuela. E fillo de Isolina da Madalena é neto de Amelia de Sanguñedo.A súa familia segue as novas da súa terra dende este blog por iso dende aqui queremos mandarlle unha aperta moi forte.

Presunta revisión do gas

Presunta revisión do gas

Un presunto revisor de butano andivo durante toda a mañá tentando entrar nalgunhas casas de Soutelo coa excusa de que era un revisor oficial de Repsol. Despois de chamar á compañía para confirmar a información que el daba descubrimos que non era ningún traballador da mesma posto que repsol non tiña constancia de que ningún traballador seu estivera facendo revisión na zona. Parece que todo se trataba dun intento de timo. Algún seguro que caeu. 

Adeus Veciña

Adeus Veciña

Humilde,sinxela,traballadora serían alguns dos moitos adxectivos cos que poderiamos cualificar á nosa querida veciña Aurea Varela Alberte. Unha gran muller, unha loitadora nata á que hoxe ás 6 da tarde despedimos en Soutelo. Unha exemplar veciña, alegre, carismática é que o deu todo ata o último momento.Todavía recordo coma se foxe hoxe a esa muller que a pesar de ter que camiñar axudada por un andante ía para a veiga que ten detras da súa casa e tentaba traballala ainda que xa non tiña forzas, pero ela sempre tentaba superarse día a día ainda que moitas veces a súa delicada saude non llo permitise. Hoxe en Soutelo foi un deses dias tristes nos que o sol sae para honrar a unha destas boas persoas que se van. Hoxe foisenos unha gran traballadora pero ante todo unha excepcional veciña que demostrou ser todo unha señora ata os seus últimos intres.

Adeus Amigo

Adeus Amigo

Esta pasada madrugada deixávanos outro dos nosos, trátase de Francisco Bouzas Viéitez mais coñecido como " O Grilo". Unha excepcional persoa  moi coñecida en toda a bisbarra pola súa gran labor de ferreiro. Un dos grandes é o mellor ferreiro que a nosa vila coñeceu.

Pero ademais da súa gran labor profesional sempre será moi apreciado pola súa labor humana por ser un dos grandes, dos nosos,unha desas poucas persoas que deixan unha gran pegada na súa xente. Un home amable,traballador é cun gran corazón disposto a axudarche en todo a cambio de nada. Hoxe os nosos corazón atópanse cheos de dor pero con esperanza de que algún día todos teñamos a oportunidade de volver a ser felices xuntos.

Mañá as 6:30 da tarde terá lugar o enterro en Soutelo.

Sempre me sentirei orgulloso de ser dos teus!.

                                                  D.E.P Francisco.

Video da Carretera de Vilapouca-Forcarei

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Socavón en Vilapouca

Socavón en Vilapouca

A cantidade de auga embalsada no río de " A Pontenova" parece ser a culpable do socabón duns 10 metros de profundidade e 30 metros de lonxitude que acabou por afundir a ponte que se atopa na estrada de Soutelo a Forcarei. A Estrada permanece cortada é nese treito é os coches son desviados pola carretera vella.De momento non se sabe o tempo que durarán as obras para reconstruir este treito de estrada.

Temporal destos dias

Temporal destos dias

Perante o día de hoxe foron escasas as precipitacións rexistradas en Soutelo nada comparable a situación que vivimos os días anteriores.Durante as xornadas do Luns o Xoves vivimos un tempo totalmente inestable entre choivas,saraiba,treboadas é forte vento.Foron numerosos os estragos causados, como por exemplo os azulexos que recobren a parede da casa de Claudino que sairon voando ou parte da cubeta da nave que Vidrogal poseu no polígono.Un dos atractivos do día de hoxe era ir a comtemplar a gran balsa de auga que había na Pontenova é que asolagou os campos chegando ata a casa rural.Pero parece que o peor está por chegar mañá con esa cicloxénese esplosiva da que levan dias advertíndonos.

Adeus a un dos grandes.

Adeus a un dos grandes.

Hoxe ás 11 da mañá deixounos repentinamente un dos nosos famosos veciños.Trátase de José Fírivda Cachafeiro mais coñecido como "Maduro" casado é sen fillos era o único sobríño directo vivo  do famoso gaiteiro Avelino Cachafeiro.Maduro era un gran gaiteiro que xunto con "Caladiño" alcanzara un gran éxito musical.Despois pasou a formar parte do grupo " Os diplomáticos do Acordeon".Mañá ás tres da tarde daremoslle o noso último adeus na igrexa de Soutelo.D.E.P.

Tarde de entroido

Tarde de entroido

Soutelo acollerá o próximo domingo no pavillon de Soutelo de Montes unha gran festa de entroido.Entre as 17.30 e as 18.00 terá lugar un desfile dende a Praza do Gaiteiro ata a Praza da Constitución.Despois no pavillón haberá un concurso de disfraces para nenos e adultos.Entre mentres unhas veciñas da parroquia faran filloas para todos os asistentes e despois terá lugar un concurso no que se valorará a mellor cociñeira deste producto típico.Tamen contaremos coa presenza dunha famosa presentadora televisiva.Bo entroido para todos!!!

Outra menos

Outra menos

Hoxe diexounos outra das nosas.Desta volta trátase de Rosa Alonso Muradás mais coñecida como "Rosa de Penas",irmá de Ramona.Faleceu en Carballiño onde residia coa súa filla.O enterro terá lugar mañá venres ás 5 da tarde.D.E.P.

Mellora da Praza do Gaiteiro

Mellora da Praza do Gaiteiro

O concello de Forcarei recibiu 449.817 euros para diversas obras de mellora.Entre elas a humanizacion do entorno da Praza dos Gaiteiros de Soutelo de Montes.

Declaracions na Voz de Galicia.

Declaracions na Voz de Galicia.

La demanda de nuevos nichos en el cementerio parroquial de Soutelo de Montes ha generado un conflicto gratuito en la localidad. Todo empezó con la inesperada aparición de un pequeño grupo de vecinos protagonizando una noticia del Telexornal de la TVG. Los vecinos aseguraban que era precisa una ampliación del cementerio parroquial. Ayer sostenían todavía que han hecho llegar su petición de nuevos nichos al párroco sin que éste les haya ofrecido una solución a corto plazo. «Dicía que máis para adiante, pero seguimos sin solución», comentaba ayer uno de los vecinos.

La noticia cogió por sorpresa a medio Soutelo, sobre todo al párroco. José Pérez Bértolo aclaró ayer que ninguna de las personas que ha reclamado en los medios la ampliación del camposanto le ha comunicado nunca su necesidad de un panteón. El sacerdote asegura, además, que en caso de que lo hubiesen hecho, no habría problema para tratar de gestionar la ampliación del camposanto. De hecho, José Pérez Bértolo indicó que otras familias de la parroquia sí han solicitado nuevos panteones que tratarán de conseguirse por dos vías.

Por una parte, la iglesia negocia ya con varios propietarios que poseen más panteones libres de los que necesitan la cesión de los derechos de los mismos a las familias que los reclaman. El trato económico está aún sin cerrar, pero ya encauzado. Por cuestión de herencias o de traslados de familias a otras zonas, existe un importante número de panteones sin estrenar que están disponibles.

Por otra parte, la parroquia dispone aún de una franja de superficie en el camposanto donde sería posible construir nuevos panteones, aunque primero será preciso resolver las negociaciones con los propietarios de las antiguas sepulturas en el suelo que quedarían en medio de la zona prevista para la ampliación. Estos propietarios tendrían que retirar los restos a cambio de alguna compensación a negociar. Después podrían construirse una veintena de panteones, unos de espaldas a otros. Según explicó ayer el párroco soutelano, la demanda de nichos conocida es escasa y ése es precisamente uno de los problemas para la ampliación del cementerio, ya que solo tres familias han solicitado formalmente panteones y la ampliación del cementerio solo sería factible económicamente construyendo una veintena.

Ampliación municipal

Por su parte, el alcalde forcaricense, David Raposeiras, se mostró también sorprendido con la reclamación pública de panteones. Según explicó, nadie se ha puesto tampoco en contacto con el Concello para trasladarle esta necesidad. El Concello dispone de una parcela de titularidad municipal en la zona. Raposeiras indicó que, si hubiese trabas para llevar a cabo la ampliación del cementerio parroquial en terrenos de la iglesia, no habría problema para una ampliación en terrenos municipales.

Novo asfaltado

Novo asfaltado

Onte a tarde tivo lugar o asfaltado da curva que hai diante da " casa do xordo ".Despois de retirar unha capa do firme foi asfaltada de novo para mellorar a circulación neste tramo da N-541.

Apagón analóxico en Soutelo

Apagón analóxico en Soutelo

O apagón analóxico xa chegou a Soutelo.A partir de hoxe ás 10 da mañá as televisions de Soutelo só se poden ver a través do TDT, algo para o que algúns veciños ainda non estaban preparados.

Soutelo na TVG

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Hoxe varios veciños de Soutelo foron entrevistados para o telexornal mediodia que a TVG emite de luns  a venres a partir das 13:40. A entrevista veu a raíz da falta de panteóns que hai na parroquia é na necesidade de ampliacion deste noso camposanto. Hai queda o video para que toda a xente que o desexe poida velo.

Novo Embarazo

Novo Embarazo

Estes dias coñecemos a nova do embarazo de Mari Carmen Miranda Pérez filla de Concha do Crego.Dende aqui queremos felicitala por esta nova criatura que nuns meses virá o mundo é enchera o seu fogar de ledicia e felicidade.Moitas Felicidades Mari é Vicente.

Cabodano

Cabodano

Mañá sábado ás 11 da mañá terá lugar o cabodano de D. Agustín Troitiño Varela que foi veciño do lugar de Sanguñedo.D.E.P.

Accidente

Accidente

Hoxe ás 14:30 horas, tivo lugar un accidente diante da Praza dos Gaiteiros. A colisión entre dous vehículos saldouse sin danos persoais pero si materiais.Unha das implicadas era Clara a carteira.Afortunadamente todo quedou nun susto.

Gran festa de carnaval

Gran festa de carnaval

A  comisión de festas de San Roque 2010 organiza unha gran festa de carnaval.O domingo día 14 de febreiro.Por iso pedimos o apoio e colaboración de todas as persoas que desexen participar.Animádevos e colaborade para ter unhas gran festas.Unha aperta.

Ruada

Ruada

O vindeiro sábado 23, Verbo Xido organiza unha Ruada solidaria para recadar fondos cos que contribuir a sufragar a rehabilitación do Centro Etnográfico de Terra de Montes. Terá lugar no salón do Restaurante Avenida de Soutelo de Montes a partir das 21:00 horas. Haberá servizo de bar e “catering” a fin de recadar fondos e cobrarase unha pequena entrada para contribuir á finalidade do evento (dará dereito a participar nun sorteo dun lote de libros e algúna agasallo máis e a tomar cun chocolatiño con rosca). O elenco de artistazos que teñen confirmada a súa presenza (aparecerán máis, seguro), é o seguinte:

Pandereteiras A Trépia (Pontevedra)

Abrentes (Cerdedo, Pontevedra)

Atalúns (Pontevedra)

Os  Chichisos(Pontevedra)

Pandereteiras de Quireza (Cerdedo, Pontevedra)

Serandeiros (Boborás, Ourense)

Tonhito de Poi (Aghiño, A Coruña)

Anímate a asistir, a soliedaridade e a carallada son perfectamente compatibles!!!!!! Non o esquezas, o sábado 23. E aproveita para pasarte antes a visitar as xa reabertas instalacións do Centro Etnográfico, paga a pena. O frío escorréntase bailando!!!!!