Blogia

soutelodemontes

Outra menos

Outra menos

Hoxe deixounos outra veciña da parroquia.Trátase de Nieves Cerdeira Rajoy natural de Trasdomonte pero residente en vigo.Era irmá de " María do Zapateiro".O soterro terá lugar mañá xoves ás 5 da tarde.D.E.P.

Boda

Boda

Onte día 17 de xaneiro ás 8 da tarde na igrexa parroquial de San Agustín de Polanco (México) tivo lugar o enlace matrimonial de Patricia Gómez Alonso é Javier Méndez Crespo.Despois celebrarono cun gran banquete no Hotel Presidente de Polanco.Javier é natural de Melón (Ourense) pero residente en México mentres que Patricia é natural de Soutelo é tamen residente no país americano.Ela é neta de " Rosa da Groveira" veciña de Sanguñedo.Dende aqui desexarlles moitas felicidades!!Que sexades moi felices.Unha aperta.

Outro que nos deixou

Outro que nos deixou

Hoxe ás 4 da tarde despedimos a outro veciño de Soutelo, desta vez trátase de José María Márquez Dapena casado con Evedina ainda que mais coñecido como "o canceleiro".D.E.P.

A primeira gran nevada do ano

A primeira gran nevada do ano

Hoxe caeu unha gran nevada, unha desas que había anos que non se recordaban por aquí.Aqui vos queda unha imaxe que presentaba o Parque Venezuela.

Feliz 2010

Feliz 2010

Dende aqui expresarvos os meus maiores desexos de que pasedes unha boa noite é que este ano que mañá comeza sexa o mellor da vosa vida,posto que ninguén o merece mais que os que estades apoiando esta paxina web é seguindonos día a día.Feliz 2010 unha aperta.Bicos

Baile de Navidad

Baile de Navidad

Hoxe a partir das 7 da tarde no bar avenida de Soutelo terá lugar o baile de navidad organizado pola comisión de festas.Haberá choclate e estará amenizado por un dúo é un grupo musical.Animadevos!!!

Outra menos

Outra menos

Onte a tarde deixounos outra veciña trátase de Manuela Troitiño Taboada mais coñecida como"Lola a Raana", veciña do lugar de Sanguñedo e residente en Santiago.O soterro será mañá ás 11 na igrexa de Soutelo.Nestas datas é que son para disfrutar é moi triste que xente do teu entorno morra.Dende aquí o meu máis sincero pesar a súa familia.D.E.P.

Bo Nadal

Bo Nadal

Dende este blog queremos desexarvos a todos os nosos lectores un bo nadal.Oxala que todas as vosas ilusions se cumplan estes dias.Unha aperta.

Adeus Carmucha

Adeus Carmucha

O pasado domingo despedimos a outra veciña da nosa parroquia.Trátase de María del Carmen Gulias San Martin que vivía no lugar de Sanguñedo.A piques de cumplir os 100 anos de vida deixounos.Foi soterrada en Soutelo.D.E.P.

Adeus amigo

Adeus amigo

Onte ás 4 da tarde despedimos a outro dos nosos trátase de D. Amando Taberneiro Troitiño veciño do lugar de A Madalena.Un gran home faladeiro e alegre que nos deixou repentinamente.O mesmo día tamén faleceu unha sobriña súa vítima dunha longa enfermidade .D.E.P.

Nevada

Nevada

Onte produceuse a primeira nevada desta tempada na nosa vila, non foi moito o tempo que nevou nin a cantidade pero despois de nove meses volvemos ver esa fermosa paisaxe que nestas datas se fai ainda mais fermosa.

Volvín

Volvín

Despois de un mes sen visitar nin actualizar este blog por motivos persoais hoxe volvo a poñerme mans a obra para manter informada a toda aquela xente das novidades a nivel xeral que pasan neste noso pobo.

Adeus a un gran Doutor

Adeus a un gran Doutor

O pasado día 5 de Decembro despedimos a outro veciño de Soutelo trátase de Don Carlos López Fiaño que durante moitos anos exerceu de doutor na súa clínica privada que tiña instalada no seu fogar.Casado e con seis fillos deixounos vítima dunha longa enfermidade.D.E.P.

Bautizo

Bautizo

O proximo domingo dia 15 na misa da 12 da maña celebrarase o bautismo de Hugo o bisneto de "Sara de Porfica" .Despois celebrarano cin xantar todos xuntos.Dende aqui desexarlle moita felicidade con esta nova criatura.

Cabodano

Cabodano

Maña sabado as 12:30 da maña tera lugar o Cabodano por Ramona Dapena Dapena que foi veciña do lugar de Codesas e faleceu en Soutelo.D.E.P.

Adeus Paquiño

Adeus Paquiño

Hoxe deixounos un gran veciño desta vila tratase de Francisco Perez Adan mais coñecido como"Paco do Crego", cando o ultimo raio de sol dete triste atardecer se poñia falecia ese gran loitador, un gran veciño, un indiscutible traballador que nos deixou esta tarde.O seu funeral sera o venres dia 13 as 11:30 na igrexa de Soutelo de Montes e despois sera soterrado no camposant da misma parroquia.O meu mais sentido pesame a familia.D.E.P.

XI Festa dos Cogumelos

XI Festa dos Cogumelos

O próximo domingo día 8 de novembro terá lugar a XI edición da festa dos cogumelos. O programa é o seguinte:

Ás 10 apertura do recinto feiral ó público,saida da marcha ciclista Mountain Bike é saida da ruta de sendeirismo.

Ás 12 rematará a recollida de cestas para o concurso é os menbros do xurado comezaran a cualificar os traballos.

Á 1 da tarde o xurado dará a coñecer os gañadores é entragaranse os premios que van dende 240 euros o primeiro ata 90 o terceiro.

Tamén haberá un premio especial de 50 euros para o posto que este mellor decorado,taña mellor calidade de produtos e sexan da terra.

 A partir das 13:30  por 6 euros os asistentes poderán degustar 3 pratos compostos por:

Callos con cogumelos,cogumelos con xabaril é cogumelos con arroz.Filloas.

Esperamosvos en Soutelo de Montes.

Magosto

Magosto

O próximo sábado día 7 a partir das 6 da tarde na Praza dos Gaiteiros celebrarase o tradicional magosto que está organizado pola asociacion cultural "o can de san Roque" é a comision de festas. Se chove haberá carpa.

Outro que nos deixou

Outro que nos deixou

Hoxe ás 12 do mediodia despedimos en Soutelo de Montes a Luis Miguel Barros de la Peña natural de Soutelo pero residente en Santiago.Era un dos numerosos fillos do xa falecido "Pepe Barros".Hoxe recibiu sepultura en Soutelo de Montes.

Reunion

Reunion

Despois da reunion mantida o fin de semana entre os veciños membros da comunidade de montes de Soutelo de Montes é a derctiva acordouse que seguisen os mesmos cargos directivos posto que ninguen quixo tomar as rendas da comunidade de montes de Soutelo.