Blogia

soutelodemontes

Outro que se vai

Outro que se vai

Hoxe vovlemos despedir a outro dos nosos trátase de Manuel Seara Vales veciño de Soutelo que faleceuonte os 93 anos.O funeral será hoxe Venres ás 16:30 na Igrexa Parroquial de Soutelo de Montes onde será soterrado.D.E.P.

Tala de árbores

Tala de árbores

Esta semana levouse a cabo unha tala de árbores nos arredores da igrexa parroquial.Estas árbores que xa chegaban os 15 metros de altura estaban poñendo en perigo a estructura da igrexa parroquial e finalmente este pasado xoves foron taladas.

Véndese

Véndese

Outra vez se volveu a poñer a venda o chalé modernista situado en Soutelo de Montes que foi construido pola familia González-Barros é que despois de ser vendido fai uns anos se volve poñer a venda.Unha magnífica obra arquitectónica que conta con 5 plantas remantando nunha preciosa cúpula.Dispon dus inmensos xardins nos que se atopan duas piscinas é unha cancha de tenia.Todo unha reliquia que se atopa no noso pobo.

Detido o autor dos roubos

Detido o autor dos roubos

Onte a mañá foi detido un veciño de Soutelo  ó que corresponden as iniciais A.V.C. Natural de Soutelo emigrou para Venezuela e retornou a Galicia hai uns anos.Ata o ano pasado residia en Vigo pero dende hai uns meses veu vivir á casa de Soutelo de Montes.Onte foi detido como presunto autor dos roubos que se levaron a cabo nesta vila dende o pasado verán.Foi descuberto cando o comprador dunha desbrozadora roubada se dispoñia a levala a arranxar e se descubreu que ese era un dos obxectos roubados.Con esta detención a Garda Civil da por concluida esta investigación.Agora o imputado pasará a disposicion xudicial.

Feira

Feira

Mañá mércores comó é típico o último mércores do mes é a feira.Un bo momento para todos aqueles que queiran acercarse á nosa vila e degustar un bo "polbo á feira".Sen mais novidades.Unha aperta

Novo intento de roubo

Novo intento de roubo

Esta pasada mañá a nova dun intento de roubo espertaba os veciños do noso pobo. Desta vez tocoulle á casa de "Manolo da Petela" residente en Andorra. Despois de entrar pola porta do balcón e remexer todo o seu fogar os ladrons fuxiron sen levar nada. De momento parece que esta oleada de roubos continua.Haber se pronto atrapan o culplable.

Outro menos

Outro menos

Mañá xoves ás 5 da tarde terá lugar o enterro de Esteban Fernández Vicente.Estaba casado con "Delia de Quintá"(tía de Julia a peluquera) vivía en vigo onde faleceu.

Incendio

Incendio

Antonte a noite produciuse un incendio intencionado no lugar de Vilapouca.Todo comezou  sobre as 12 da noite cando alguén (con moi mala intencion) lle prendeu lume a morea de leña que "Julio de Cristina" tiña apilada xunto o seu horreo.A leña queimouse toda é o lume chegou a afectar a unha pequena parte do horreo.Toda unha acción feita a mala fé.

Roubo

Roubo

Continuan a oleada de roubos en Soutelo,desta vez tocoulle a "Concha das Marcelas".A noite do pasado domingo alguen entrou na sua vivenda remexendo todo e levando unha cubeteria e diversos comestibles que habia no conxelador.Recordemos que  dende hai un mes a nosa vila ven presenciando unha serie de roubos en vivendas.

Outra menos

Outra menos

Hoxe mentres depedíamos o noso irmán Manuel recibimos a triste nova do falecemento de Manuela Gulias Troitiño mais coñecida como "Manuela da Raana" e veciña do lugar de Sanguñedo.Mañá ás 12 terá lugar a misa de corpo presente na igrexa parroquial de Soutelo.Os funerais serán o lúns ás 11 da mañá.D.E.P.

Adeus Manuel

Adeus Manuel

Hoxe á unha da tarde despedimos a outro dos nosos trátase  de Manuel Rey Troitiño(Pai de "Amparito do Roubín"),unha excelente persoa á que hoxe lle demos o noso último adeus.D.E.P.

Cabodano

Cabodano

O próximo lúns día 24 ás 11 da mañá na igrexa parroquial de Soutelo terá lugra o cabodano de Isaura Dapena Viéitez é que foi veciña do lugar de "Aldea de Arriba".Unha gran muller que fai un ano nos deixou é a que o luns lle renderemos unha homenaxe cando se cumpre un ano do seu falecemento.Traballadora é loitadora a tía Isaura foi mais que un veciña calquera.Foi unha gran muller que sempre que puido axusou os demais sen querer nada a cambio que sempre que facía falta estaba contigo.Nunca te olvidaremos.

Boda

Boda

Hoxe ás 18:00 horas  na igrexa parroquial de Soutelo de Montes tivo lugar o enlace matrimonial de Lupe a filla de "Lola da Rosúa".Oxala que nesta nova vida que hoxe comeza lle saia todo ben é que sexa moi felíz.Unha aperta

XXX Festa do Gaiteiro

XXX Festa do Gaiteiro

Hoxe Soutelo de Montes a collerá a XXX edición da súa tradicional festa do gaiteiro.O programa é o seguinte:

10:00h. Pasarrúas de bandas de gaitas.

10:30h. Apertura da Feira de Artesanía.

11:00h. Actuación do grupo de música tradicional "PAI DA CANA"

12:00h. Actuación da "Asociación Folclórica O Fiadeiro"

13:00h. Benvida do alcalde.

13:10h. Pregón por D. Avelino Senra Varela.

13:20h. Entrega de medallas.

13:40h. Interpretación da Muiñeira de Chantada é do Himno de Galicia.

13:50h. Actuación da banda de gaitas de Forcarei.

18:00h. XI Concurso de gaiteiros Avelino Cachafeiro.

20:00h. Actuación do dúo " Arpa Céltica Fiddle".

20:30h. Entrega de premios

22:30h. Concerto na Praza da Igrexa :

         -Diplomáticos do acordeón

        -Xarín

        -Mutenrohi.

Bautizo

Bautizo

Hoxe ás 8 da tarde tivo lugar na igrexa de Soutelo o bautizo de Martina a filla mais pequena de "Gelines do Xordo" unha fermosa rapaza que hoxe se iniciou na vida cristiá.

Novo nacemento

Novo nacemento

Onte día 10 de agosto naceu Hugo o fillo de Iria(neta de Sara de Porfica) é Jose (Fillo de Rosa das Marcelas).Oxala que este nacemento encha a súa casa de ledicia é felicidade.Moitas Felicidades!!

Primeiras comunións(Parte 3)

Primeiras comunións(Parte 3)

Mañá domingo día 9 de agosto ás 12 da mañá na igrexa de Soutelo recibirán a súa primeira comunión Daniela e Mayalen as netas de "Emilia do marmolista" a continuación celebrarao cun gran xantar.

Bautizo

Bautizo

Mañá á tarde terá lugar o bautizo de Silvia a neta mais pequena de "Elenita do Xordo" e filla de Elena e Javier.Unha fermosa nena que mañá recibirá o seu bautismo.

San Roque 09

San Roque 09

Festas do San Roque de Soutelo de Montes os próximos 15,16 e 17 de agosto.

14 de agosto: A partir das 17.30 h gran festa infantil da espuma é gran chocolatada.

15 de agosto:

-17.30 h: Desfile de moda no pavillón deportivo

-21.00 h: Churrascada na Praza dos Gaiteiros

-22.30 h: Pregón das festas

-23.00 h: Festival de música galega(folk e rock) na praza dos gaiteiros con:

-Alann Bique Folk

-Finefres

-Pito de Pikasso

16 de agosto.San Roque

-9:30 h: Misa rezada na honra a San Roque

-10:30 h: Pasarrúas a cargo da banda de música"Nova Lira" de Moraña

-13:30 h: Misa Solemne amenizada pola coral de Cerdedo

-18:00 h: Atracción infantis de balde no Parque Venezuela

-18:00 h: Partido Final do campionato de tenis

-23:00 h: Verbena na praza dos gaiteiros a cargo das orquestras:

                              -América

                              -Ledicia

Ás 00 h realizarase o sorteo dunha viaxe a Tenerife e a entrega dos trofeos do campionato de tenis.

17 de Agosto día do Carme

-09.30 h: Misa solemne na honra a Virxe do Carme

-10.30 h: Pasarrúas a cargo da banda municipal de música de Forcarei

-13:30 h: Misa solemne na honra a Virxe do Carme

-18:00 h: Xogos populares no Parque Venezuela

-22:30 h:Verbena na praza dos Gaiteiros con:

                           Super Combo

                            Estrellamar.

A novena dará comezo o día 7 de agosto ás 20.00 h.

(Se chove haberá carpa)

Primeiras comunións(Parte 2)

Primeiras comunións(Parte 2)

Este domingo día 2 de agosto ás 12 da mañá na igrexa de Soutelo recibirá a primeira cmunión Andrea,a neta de Rosa da Marcela,recordemos que estas será a segunda comunion que se celebrara na nosa parroquia este ano.