Blogia

soutelodemontes

Primeiras comunións(Parte 1)

Primeiras comunións(Parte 1)

Mañá domingo día 26 de xullo ás 12 da mañá tera lugar na igrexa de Soutelo a primeira comunión de Alejandro é Carlitos os netos de "Amparo da ferreira". Estas seran as primeiras comunions das tres que se van realizar estes días na parroquia.

Cerdedo 09

Cerdedo 09

Festas na honra o Divino Ecce Hommo é a Virxe das Dores:

Venres:Na praza do concello gran verbena amenizada polas orquestras América é Cabaret.

Sábado 25 de xullo:Verbena amenizada polas orquestras Impacto e Sabrosito

Domingo día 26:Gran verbena amenizada polo grupo latino é as 12 gran tirada de fogos de lucería.

Boas Festas

Desfile de modelos

Desfile de modelos

Necesítanse voluntarios para participar no desfile de modelos que a comisión de festas está organizando para o próximo día 15 de agosto ás 6 da tarde no pavillón de Soutelo.Para anotarse hai que decirllo a Susana "do Crego" ou a Jose Doval .Por favor apuntádevos todos.

A Madalena 09

A Madalena 09

Mañá martes día 21 de Xullo darán comezo as festas de patrona.A partir das 21:30 no cruce dos catro camiños de A Madalena terá lugar a X edición da festa do mexillón.Serviráse pan,viño e mexillons para todos os asistentes.Estará amenizada polos grupos A Maraca é Jupiter.Ás 12 da noite haberá unha gran tirada de fogos.

O día 22, día grande das festas, comezará cunha gran tirada de bombas, ás 10:00 será a primeira misa é as 13:00 a misa solemne.Haberá pasarrúas a carga da banda de Lalín. Xa pola tarde ás 18:00 haberá unha exhibición no circuito da Madalena dos irmáns Varela.Pola noite gran verbena a cargo das orquestras Marbella é Millenium.Ata altas horas da madrugada.

 

Caida

Caida

Onte a tarde saindo do aniversario de Virxilio dúas veciñas da nosa parroquia cairon nos arredores da igrexa.Todo sucedeu cando "Julia de Dina" tropezou no cemento que está levantado arredor da igrexa (que por certo parece que nunca se deciden a arranxalo) e caeu tropezando con "Carolina da Vernaldina" que rematou perdendo o equilibrio e caindo por sorte ningunha das dúas ten lesions graves é todo quedou nun pequeno susto.

Un ano sen Virxilio

Un ano sen Virxilio

Mañá xoves día 16 de Xullo ás 18:00 terá lugar o funeral de cabodano de D. Virxilio Viéitez Bértolo na igrexa parroquial de Santa María Magdalena de Soutelo de Montes.Un ano despois da súa desaparición recordaremos a ese gran xenio da fotografía que inmortalizou a súa vida así como a de centos de persoas coa súa cámara.Aquel home traballador que despois de emigrar e traballar como mecánico retornou á súa vila natal  para realizar ese gran oficio que lle deu unha fama da que el era merecente,un ano despois queremos seguir recordando e para iso mañá ás 6 da tarde todos nos reuniremos para volver a recordar a ese perfecto anfitrión que soubo levar a súa popularidade sen fachendear que durante moitos anos axudou a esta gran vila que mañá lle dará esa homenaxe que el ten tan merecida.Grazas Virxilio estes onde estes nos nosos corazón non morrerás nunca

Torneo de Tenis

Torneo de Tenis

Este ano celebraráse a XXXII edición do torneo de tenis de San Roque.Disputarase do 1 ó 16 de Agosto.Todos os que desexen anotarse teñen que chamar o 986.75.50.36 que é o número do concello.Haberña duas categorias que serán Senior y Juvenil.Os trofeos estan doados pola asesoría I.B.Cachafeiro é o restaurante Millenium.Esta será  unha edición honorífica a D.Celso García Viéitez que foi organizador durante 26 anos deste torneo e gañouno 20 veces.

Probas no circuito

Probas no circuito

O próximo domingo día 12 o circuito de A Madalena acollerá o campeonato de España de Superquad e Supermotard.Neste evento participarán sesenta pilotos e esperase a visita dunhas 5.000 persoas.Estará organizado polo "Motoclub Móvete na Moto" en colaboración con "Club Supermoto Vigo".O campeonato estará composto de sete probas.

Voda

Voda

O próximo sábado día 11 ás 18:00 terá lugar o enlace matrimonial de Lucía Bouzas a filla mais nova de "Faico" o enlace terá lugar na igrexa de Leiro e a continuación teran o banquete no Mosteiro de San Clodio.Dende aqui desexarlles moita felicidade e que o disfruten.

San Benito 2009

San Benito 2009

O próximo sábado día 11 é o San Benito de Pardesoa.Dende as 9 ata as 13:00 horas aberá misas sendo a solemne a continuación.A tarde haberá misa ás 18:00 e a continuación as tradicionais poxas.Pola noite a verbena correrá  a cargo das osquestras Carisma e Ceibe.

Recordar que o bar que haberá montado durante todo o día e toda a noite no recinto da festa pertence a comisión de festas de Soutelo.

O negocio que nunca abrirá

O negocio que nunca abrirá

A nova xoiería que ia abrir as suas portas no baixo de "Maribel de Cavadas" non vai ser aberta. O local volve ter o letreiro de aluguer para que aqueles interesados que o desexen e non o saiban o poidan alugar.

Falsa alarma

Falsa alarma

Parece ser que a serpe que presuntamente vivía nos arredores da piscina non existe.Según os últimos comentarios os ruidos que se escoitaban eran dunha rá.

A Rapa 2009

A Rapa 2009

Hoxe da comezo no lugar de Sabucedo (A Estrada) unha das festas mais importantes de Galicia, trátase da coñecida como "Rapa das Bestas" esta festa que se prolonga ata o luns acolle a miles de persoas cada ano.O seu fin é que as bestas que habitan nos montes dos arredores baixen ata o curro onde son rapadas.Durante estes días tamén son moitos os que acampan nas inmediacions do recinto.Esa é unha gran opción para toda aquela xente que queira beber xa que así non terán que coller o coche.Nestes días de festa no recinto haberá música,comida e moitas ganas de festa!!!Se ides ir pasadeo ben.

Apertura da piscina

Apertura da piscina

Hoxe día 1 de Xullo comezou a tempada da pisicna de Soutelo o seu horario será de 12.30 a 20:00h en horario ininterrumpido.Durante os meses de Xullo e Agosto ofertaránse cursos de natación.A entrada custará 2 Euros e os bonos 12 euros para menores de 14 anos e 18 euros para maiores.O carnet para tres membros familiares custará 36 euros e aumentaranse 3 euros por cada menbro familiar mais.

Para as persoas que se fagan co carnet os cursos de natación serán gratis mentres que para o resto custarán 18 Euros.

Nova xoiería en Soutelo

Nova xoiería en Soutelo

Segundo as últimas informacións pronto abrirá unha nova xoiería en Soutelo. De momento non se sabe cando será a inaguración pero dende aquí xa vos seguiremos informando.

Serpe perigosa

Serpe perigosa

A punto de abrir a piscina pública de Soutelo hai un tema que preocupa os veciños e os usuarios destas instalacións que é a suposta presenza dunha serpe de grandes dimensións que merodea polos arredores da piscina de Soutelo.Segundo a testemuña de varios veciños a serpe emite os seus sons característicos nas horas con temperaturas mais altas todo o día.Ainda non se sabe como puido chegar ahi,ainda que unha hipótese e que puidese provir dun circo do cal escaparan unhas serpes cando se a última vez que se instalou no pobo.De momento non sabemos mais nada.

Roubo en Vilapouca

Roubo en Vilapouca

Esta pasada noite  desvalixaron a casa de Delia de Vilapouca residente en Madrid.O ladrón ou ladróns  accederon a vivenda pola parte frontal é levaron diverso mobiliario entre el as televisións que había na vivenda.De momento non hai ningun detido como presunto autor do roubo

Reapertura

Reapertura

Mañá venres terá lugar a reapertura do  antigo bar A Conquista de Soutelo de Montes que a partir de agora se chamará "Taberna Os Carteiros". Despois de ser totalmente remodelado contará con múltiples servicios entre eles zona wifi ou terraza, así como unha gran carta de bocadillos  pinchos variados . A especialidade serán os bocadillos de xamón . Oxala que lles vaia moi ben con este gra negocio que hoxe estrean.

San Xoán

San Xoán

Mañá martes no Parque Venezuela teremos a tradicional fogueira de San Xoán que terá como menú sardiñas,churrasco,pan e viño,o custo será de 6 Euros e haberá que anotarse na farmacia.

Despois todos a saltar a tradicional fogueira.

Festa do Cachafeiro 2009

Festa do Cachafeiro 2009

Hoxe sábado  celebse en Cachafeiro-Forcarei unha festa en honra a San Xoan patrono do pobo.
Esta celebrarase na carballeira e durará todo o día dende as 10:00 co pasaruas e logo á 1ª misa do dia, proseguirá coa procesiçon, xantar, e amenizara a tarde unha charanga, pola noite actuará N.B.A e os virtuosos de olla xunto con  Combo 6;jazz-confúsion e As Pandereteiras de Ardebullo
A festa proseguirá ata mais da 1:00 co sorteo dun becerro. E unha gran tirada de bombas.

Durante todo o día tamén haberá as tradicionais comidas campestres como todos os anos anteriores