Blogia

soutelodemontes

Véndese

Véndese

Véndese esta magnífica casa situada en Soutelo de Montes na estrada que una Ourense con Pontevedra.Esta revestida de pedra.Tes unhas dimensions de 200m cadrados e consta de duas plantas é un atico.Véndese amueblada completamente con:2 cociñas(unha americana con chimenea),salón comedor,4 dormitorios e tres baños todo completamente novo.

Prezo:300.000euros

Consta dunha pequena finca de 300 m cadrados.

Os donos residen habitualmente en Andorra, ainda que ela é natural da Portela de Lamas

San Antonio de Garellas 2009

San Antonio de Garellas 2009

Mañá Sábado día13 de xuño é día de San Antonio de Padua.Como todos os anos celébrarase en Garellas(Vilar) a tradicional festa.

Ás 10:00 é ás 13.00 terán lugar as misas é a continuación as tradicionais poxas.Pola tarde a partir das 18:00 haberá inchables gratuitos para todos os nenos.A partir das 21:30 haberá raxo,pan e viño gratis para todos os asisntentes así como unha gran verbena amenizada polas orquestras Latino e Naranja.Ás 00:30 realizarase o sorteo dunha viaxe as Illas Baleares.Para entrar no sorteo e necesario comprar unha rifa,o gañador porderá cambiar a viaxe por un premio de 600 Euros en metalico.

Novo nacemento

Novo nacemento

Onte venres día 6 de xuño sobre as 18:00 naceu Martina a filla de "Gelines do xordo".Oxala que este novo nacemento veña cargado de felicidade,amor e saude.Tamen quero felicitar dende aqui a esta gran familia que hoxe acolle a outro membro novo onde estou seguro que será realmente felíz.Felicidades!!!!

Confirmacións

Confirmacións

O próximo domingo día 7 de xuño ás 12:30 da mañá teran lugar as confirmacions na igrexa parroquial de Soutelo de Montes.Un total de 25 confirmandos confirmarán a súa fé e a súa unión a deus cunha gran misa.Despois cada un celebrarao a súa maneira.

Reunión do monte parroquial

Reunión do monte parroquial

O próximo sábado día 6 de xuño ás 9:00 horas en primeira convocatoria e ás 11:oo horas en segunda convocatoria terá lugar no pavillón dos deportes de Soutelo a reunión do monte parroquial coa seguinte ode do día:

1º.-Lectura e aprobación da acta anterior.

2º.-Actualización do censo de comuneiros,e a súa aprobación se procede.

3º.-Informe e aprobación,se prodece do estado de contas.

4º.-Constitución da mesa electoral.

5º.-Presentación das candidaturas.

6º.-Eleccións da nova xunta xestora.

7º.-Rogos e cuestións.

Aconséllase acudir a segunda convocatoria.

Recórdase que os comuneiros deben acudir provistos do D.N.I.

Voda

Voda

O vindeiro sábado día 30 de Maio ás 18:00 horas terá lugar no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela o enlace matrimonial de Fátima Otero Viéitez máis coñecida como "Peli". É filla de Jose Manuel Otero e neta de Dona Celia de Sanguñedo.O enlace constará dunha cerimonia civil e un banquete.Dende aquí desexarlles moitas felicidades.

Mitin do PSOE

Mitin do PSOE

O próximo domingo día 31 ás 19:00 terá lugar no Bar Avenida de Soutelo de Montes o mitin do PSOE   para as próximas eleccións europeas. Intervirán Ana Doval (representante do PSOE de Forcarei)  e Guillerme Meijón .

Curso de arte floral

Curso de arte floral

Hoxe venres día 29 ás 19:00 comezará a impartirse un curso de arte floral que terá lugar no colexio  público de Soutelo de Montes.O curso terá unha duración de dúas horas semanais e nel impartiranse clases para traballar con flores naturais e secas.

Reapertura

Reapertura

Mañá sábado terá lugar a reapertura do Pub A Saco cunha gran festa e unha gran celebracion.Oxalá que a estes novos xerentes lles vaia moi ben no seu negocio.Unha aperta

Ataque do xabarín

Ataque do xabarín

A noite do pasado xoves o xabarín atacou a veiga de "Maruja da Ferretera" levantándolle a veiga das patacas que ten detrás da capela de San Roque en pleno núcleo urbano de Soutelo. De momento o animal non volveu reaparecer.

Feliz Día

Feliz Día

Hoxe é primeiro domingo de maio. Hoxe é o día da nai.Antes de nada felicitar a todas aquelas nais que día tras día aguantan os seus fillos.O mellor da vida son as nais. A  elas debémoslles todo.Moitas Felicidades!!!

Adeus

Adeus

Onte deixounos outro dos nosos trátase de Gerardo Viéitez Pérez,viúvo de" Rosa da Ferreira" .O soterro terá lugar hoxe xoves ás 5 da tarde na igrexa parroquial de Santa María Magdalena de Soutelo de Montes.D.E.P.

Concerto

Concerto

O próximo xoves día 30 de abril terá lugar en Ordes (A Coruña) a segunda edición da gala contra o cancro na que actuarán:Carlos Baute, Marta Sánchez, Melocos, David Bisbal, David Bustamante, OBK, Orquesta Panorama, Melocos, Fama ..

Para asistir,  o concello de Forcarei porá un servizo de transporte que sairá ás 9 da Praza do Gaiteiro de Soutelo é ás 9:15 da Praza da igrexa de Forcarei.A entrada será gratuíta. Para anotarse hai que chamar o Concello. O regreso será aproximadamente ás 5 da mañá

Competicion na Madalena

Competicion na Madalena

Mañá sábado durante todo o día celebrarase no circuíto da Madalena unha concentración e unha competición de motos antigas...Animádevos todos e vinde!!

Detido o presunto autor do roubo que se perpetrou hai unhas semanas no Banesto.

Detido o presunto autor do roubo que se perpetrou hai unhas semanas no Banesto.

 As investigacións da Garda Civil deron os seus froitos e os axentes da Benemérita de Pontevedra detiveron o xoves a un cidadán de orixe portuguesa acusado de ser o presunto autor dun intento de roubo a unha sucursal bancaria de Soutelo de Montes.
Os feitos tiveron lugar o pasado 5 de marzo. Esa mañá á primeira hora á sucursal de Banesto situada na avenida de Ourense entrou o suposto atracador. Este accedeu de cara e unha vez dentro cubriuse a cara cun pasamontañas e ameazou ao único empregado da sucursal cun coitelo de proporcións respectables e pediulle que lle entregase o diñeiro da caixa forte cunha frase que xa é todo un clásico do cinema: «isto é un atraco».
A caixa forte dispón dun mecanismo de retardo e dado que a caixa non se abría e que ao parecer tampouco atopou nese momento nada que roubar en efectivo na oficina, o atracador marchouse sen botín. A Garda Civil seguíalle a pista desde que ese día fuxiu do banco nun coche escuro con matrícula portuguesa.
O presunto autor do intento de roubo

A firma IMAR asentada no polígno de Vilapouca recibe a un membro da familia real de Qatar ata onde expande o seu negocio

A firma IMAR asentada no polígno de Vilapouca recibe a un membro da familia real de Qatar ata onde expande o seu negocio

Asentada no polígono industrial de Vilapouca, no Concello de Forcarei, a empresa IMAR Enxeñaría Modular S.A. atópase traballando con intensidade na apertura da súa produción ao mercado de Qatar. A firma, especializada na fabricación de armarios a medida e o deseño modular, deu os seus primeiros pasos en 2003, integrada nun grupo empresarial consolidado en sectores afíns á construción e á industria. As súas pretensións de expansión no citado país de Oriente Medio recibiron onte unha simbólica lombeirada coa visita que unha delegación encabezada por un integrante da familia real qatarí realizou ás instalacións de IMAR no citado parque empresarial forcaricense.
Fontes da empresa informaron de que a fábrica ten expostos algúns artigos da súa produción nunha mostra de 200 metros cadrados que unha firma afín ao grupo de IMAR ten aberta en Doha, a capital de Qatar. Por mor desta iniciativa, a citada delegación encabezada por un familiar vinculado á casa real qatarí quixo coñecer de primeira man as instalacións desta empresa, presumiblemente a fin de constatar a súa capacidade de fabricación. Ao termo deste percorrido, a comitiva desprazouse até as dependencias de Vidrogal, firma vinculada á fabricación e transformación de vidro tamén pertencente ao grupo da citada empresa de deseño modular e instalada no polígono de Vilapouca.
Traballo
IMAR Enxeñaría Modular S.A. baralla xa diversos proxectos para a súa execución no país árabe. En concreto, desde a empresa indicouse que se atopan xa bastante avanzados os orzamentos para actuacións vinculadas a dous hoteis en Qatar, unha torre comercial e de vivendas e un cuarto proxecto relacionado cunha zona residencial con vivendas unifamiliares e integrada por 86 vilas. Do mesmo xeito fíxose fincapé en que se trata dun mercado que demanda produtos de gama alta, un mobiliario confeccionado a medida para o cliente e en colaboración con estudos de arquitectura de primeiro nivel que se atopan desenvolvendo proxectos neste estado.
A expansión cara ao mercado exterior que promove esta industria forcaricense permitiralle manter unha importante carga de traballo a pesar da actual situación de recesión económica. Non en balde as previsións da empresa para o presente exercicio permítenlle augurar resultados similares aos alcanzados en 2008, anualidade na que a firma se moveu nunhas cifras de facturación ao redor dos 2,5 millóns de euros. A compañía experimentou desde o seu nacemento ao peche de cada exercicio unha tendencia constante ao crecemento, de modo especial nos últimos anos.
IMAR dispón na súa planta de Forcarei dunhas modernas instalacións e de recursos necesarios para dar solucións ás necesidades mais esixentes. A empresa conta na actualidade con 25 traballadores directos e outros 12 indirectos. Unha maquinaria de última xeración, así como ERP parametrizado a medida, permítelle reducir os prazos de entrega, ademais de coordinar, optimizar e mellorar o seu sistema de produción

Cabodano

Cabodano

O sábado día 18 de Abril ás 10 da mañá terá lugar o funeral de primeiro cabodano de Dona María Otero Gulías que foi veciña de Trasdomonte e faleceu en México.

Outro menos

Outro menos

Hoxe deixounos outro veciño da nosa parroquia. Trátase de Manuel Rey Taberneiro veciño do lugar de Vilapouca. Aínda que nos úlitimos anos residente en Carballiño. Faleceu repentinamente.O soterro producirase mañá ás 12 da mañá na igrexa parroquial de Soutelo de Montes.

Gran Cea-Baile

Gran Cea-Baile

O próximo sábado día 11 a partir das 21:30  na antiga moblería Dalí de Soutelo de Montes terá lugar unha gran cea baile con fin de recadar beneficios para as festas de San Roque 2009. Todos os que o desexen poderán anotarse con anticipación.O prezo é de 15 euros para os maiores,7 euros para os nenos entre 5 é 10 anos,e para os menores de 5 anos será de balde. O menú constará de empanada, xamón asado, postre, café e chupito.O evento estará amenizado polo grupo musical "O Dúo de Pachi".Sen máis novidades que resaltar despídome.Unha aperta.

Cambio de hora

Cambio de hora

Ola a todos. Recordarvos que hoxe á noite a hora cambiará. Ás dúas serán as tres. A ver canta xente non o cambia e mañá vai á unha á misa das doce je je je. Polo resto sen máis novidades.Coidádevos,  un abrazo.